Lugo, 6 de agosto de 2015.- O deputado delegado de Emprego e Demografía, José Antonio García, avanza que na Xunta de Goberno deste venres se aprobará a proposta cos beneficiarios que ocuparán os postos de traballo que quedaron vacantes dentro da primeira edición do programa Ben Empregado.
En concreto, cubriranse dez perfís desertos a raíz de que os traballadores seleccionados no seu momento renunciaran ao posto, causaran baixa voluntaria derivada por motivos diversos ou non superaran o período de proba coa empresa.
José Antonio García explica que, seguindo o procedemento establecido nas bases, seleccionáronse dez novos traballadores entre os inscritos como demandantes de emprego nas oficinas das localidades ás que correspondían as empresas beneficiarias. Os pasos acordados a seguir foron os seguintes: primeiro volvíase a convocar aos solicitantes nunha segunda rolda de entrevistas, de quedar algún posto deserto acudíase ao perfil que semellaba máis próximo e, por último, solicitábase o perfil desexado á oficina de emprego.
O Ben Empregado desenvólvese con “absoluta normalidade”
“O procedemento e o desenvolvemento do plan dáse con toda normalidade” e actualmente, dentro do Ben Empregado I estanse a realizar os pagos aos beneficiarios, segundo remarca García. “Nalgúns dos bloques xa hai feitos ingresos, noutros pasaron polo departamento de actas para ir a intervención prevéndose posibles pagos para a próxima semana, mentres que noutros casos os informes serán presentados segundo as empresas acheguen a documentación pertinente”, explica o deputado.
Pola súa banda, no Ben Empregado II “atopámonos no período de emendar tras os requirimentos xa feitos a un amplo porcentaxe das persoas que optan aos 307 perfís resultantes” e, de xeito orientativo, “prevemos publicar a finais de mes a listaxe definitiva de traballadores admitidos e excluídos tras estudar as 1.475 solicitudes que nos chegaron”.
A maiores, trala toma de posesión dos doce traballadores que se encargan da xestión da segunda fase do Ben Empregado II, José Antonio García engade que “atopámonos elaborando fichas para as entrevistas co obxecto de analizar as demandas de emprego existentes na provincia por sectores, actualizando as bases de datos das empresas beneficiarias e das candidaturas presentadas, proxectando unha guía de servizos para as entidades e uns protocolos de actuación destinados a incrementar a competitividade das empresas coa idea de que se poda prorrogar o tempo de contratación ou incluso atinxir contratacións indefinidas trala finalización do período subvencionable; e tamén nos centraremos no asesoramento e control da situación dos traballadores seleccionados e dos que se incorporarán ás empresas, entre outras liñas de actuación”
Comprometidos coa creación de emprego
Neste senso, o deputado responsable de emprego manifesta o compromiso do novo goberno provincial coa creación de postos de traballo “aproveitando todos os recursos que ofrece a administración, polo que traballamos co ánimo de que non quede ningún perfil sen beneficiario”.
“Tanto dende a oposición como agora con responsabilidades de goberno, deixamos patente o noso compromiso coa creación de emprego e rexeitamos calquera iniciativa ou declaración que empregue a carencia dun posto de traballo como medio para facer política ou obter calquera tipo de beneficio electoral”, asegura.
“A liña a seguir polo goberno da Deputación de Lugo é a do trato igualitario entre desempregados e a de garantir a igualdade de oportunidades entre todos os lucenses que están a buscar un posto de traballo”, conclúe.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



