Ribadeo, 29 de setembro de 2015.- A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia está levando a cabo un proxecto de internacionalización dos concellos da Mariña. Este colectivo está a promocionar algúns municipios desta comarca nas súas saídas internacionais. Un membro de Apaga participará desde este martes e ata domingo en Lituania nun encontro de mestres de FP e ata alí chegará información turística dos concellos de Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo e A Pontenova. Segundo deu a coñecer o seu presidente, Álvaro Doural, hai outros concellos coma O Valadouro, que tamén se amosaron interesados nesta promoción, que Apaga realiza dun xeito totalmente altruísta.
O presidente de Apaga explicou que “se trata dun proxecto que se empezou o ano pasado co Concello de Ribadeo e que este ano abrímolo a outros, cos que fomos falando, e está tendo un gran acollida, porque agora xa están tamén os de Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova e posiblemente sigamos ampliando a toda A Mariña. Aproveitamos estas visitas que se fan para dar a coñecer os concellos da Mariña de Lugo. Precisamente esta semana vai estar un compañeiro noso en Lituania, nunha reunión con profesores de FP doutros países, e vai levar información de todos estes concellos: folletos, guías, faise tamén unha presentación explicando onde está cada concello”. Doural dixo que “se está empezando a traballar neste asunto e a nosa idea é facer unha publicación en formato electrónico con toda esa información dos concellos. É un servizo que nos prestamos encantados, de forma totalmente altruísta, porque consideramos que todo o que poida servir para dar a coñecer a nosa rexión é importante”.
E engadiu “facémolo encantados para que especialmente determinados concellos que neste momento o están pasando mal, por falta de xente, poidan dar a coñecer os seus atractivos, que teñen moitos. Temos unha zona rica e moitas cousas e moitas veces descoñécese especialmente o seu atractivo no ámbito cultural e histórico, como é o caso de Mondoñedo, por exemplo”.
Álvaro Doural sinalou que “vamos intentar traballar todo o posible neste aspecto e o único que se lle pide aos Concellos é ese material promocional que teñen. Moitos deles teñen cousas moi interesantes e moi ben elaboradas e hai outros que teñen pouco. Precisamente hai poucos días estivemos no Valadouro falando co tenente de alcalde e comentounos que están moi interesados en participar neste proxecto. Nós aos concellos de toda A Mariña e incluso a algún outro próximo, como o da Pastoriza, estamos dispostos a facerlles promoción”. O único que teñen que facer é contactar con Apaga e facerlle chegar o material para distribuír nos países aos que o colectivo realiza saídas formativas durante o curso.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



