“Axudar a deseñar unha boa visita escolar á Casa-Museo Manuel María e á súa contorna, tirándolle o mellor rendemento posíbel”. Este é o obxectivo da xornada informativa de “portas abertas” que a Casa-Museo do escritor de Terra Chá ou Os soños na gaiola programa para este sábado 3 de outubro a partir das dez e media da mañá, especificamente dirixida ao profesorado de todas as etapas do ensino, en especial ao de departamentos de Lingua Galega, equipos de dinamización lingüística, aos responsábeis das saídas escolares ou ao dos clubes de lectura das bibliotecas.
A xornada, que se desenvolverá en horario de mañá e de tarde, incluirá visitas guiadas á Casa-Museo, coa fin de coñecer como se desenvolven habitualmente e como se poden adaptar a cada etapa escolar, e un achegamento aos diferentes recursos didácticos que o espazo ofrece como complemento, desde a música, o audiovisual ou as TIC até as posibilidades que a palleira, a aira ou a horta da Casa de Hortas ofrecen como espazo de xogos ou actividades que os mesmos centros poidan preparar previamente na aula.
A iniciativa incluirá tamén a visita a algúns dos espazos da contorna da casa natal que foron escenario esencial na vida ou na intimidade poética de Manuel María e conforman parte do seu universo literario máis persoal, o que el definía como a “tribo” de Outeiro de Rei: a Carballeira da Santa Isabel, a fonte comunal ou as Penas de Rodas.
Xa pola tarde, visitarase a olaría de Bonxe, derradeiro exemplo da cerámica artesá da Terra Chá, ou a Lagoa de Cospeito, a quen Manuel María dedicou un poemario completo: Poemas para dicirlle a dúas lagoas (Espiral Maior, 1994). Trátase de toda unha proposta de roteiro a través da que coñecer a rica biodiversidade chairega en diálogo directo coa obra do escritor ao que se dedican as Letras Galegas de 2016.
O profesorado interesado en participar na xornada ou en recibir máis información pode dirixirse ao teléfono 698 177 621 ou escribir ao correo-e contacto@casamuseomanuelmaria.gal.






















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



