Lugo, 23 de setembro de 2015.- A Rede Museística Provincial e o Museo Thyssen veñen de poñer en marcha un proxecto común de cooperación internacional, NOS+ Otras: En Red, que dá comezo este mércores en Madrid, na sede de dito Museo, e a través do que se dá continuidade ao proxecto lucense Olladas de Muller sobre a Miña Familia.
Este proxecto conta coa participación de numerosos artistas, colectivos e asociacións de mulleres, así como educadoras e educadores de museos de diferentes países, traballando en común para facer do museo un espazo de creación feminina. A partir de talleres de artistas, como detonantes do proceso creativo, traballarase para xerar propostas en diferentes formatos que se recollerán nunha exposición final. O obxectivo é o de crear un espazo permanente no que traballar e reflexionar sobre cuestións de xénero, educación en valores, campañas contra o maltrato e programas de diálogo intercultural e interrelixioso.
As actividades enmarcadas en Nos+Otras: en Red comezan este mércores en Madrid cunha xuntanza na que se presentarán todas as artistas participantes, para xerar as propostas que son o punto de partida do proceso. Continuarase coa celebración de obradoiros de arte en diferentes sedes ata maio de 2016, para xerar as pezas ou proxectos que se exhibirán nunha exposición final, que porá peche ao proxecto. Ao igual que en Madrid, o próximo día 26 de setembro, celebrarase en Xove unha xuntanza de colectivos de mulleres e de artistas participantes no proxecto, para deseñar os obradoiros. Terá lugar no Museo do Mar.
Participantes de ducias de países
Neste proxecto están involucrados, xunto coa Rede Museística e o Museo Thyssen, numerosos artistas así como colectivos de mulleres, como son ademais dos madrileños, os galegos ACADAR ou COGAMI. Tamén están integrados outros museos como o de Bellas Artes e outros latinos. Esta listaxe irase ampliando en datas vindeiras. En canto aos artistas que participarán neste proxecto, dende Lugo están Paula Noya, Paula Cabaleiro, Mónica Mura e Mary Pais. Á fronte do proxecto están, realizando as tarefas de coordinación Ana Moreno, xefa da Área de Educación do Museo Thyssen, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial.
Esta non é a primeira colaboración entre o museo madrileño e a Rede Museística, xa que ambas entidades teñen unha ampla traxectoria previa de colaboración mutua en diferentes foros.
Actividades no Museo para celebrar a chegada do tren a Lugo
Por outra banda, o Museo Provincial de Lugo acollerá este xoves día 24 de setembro, a partires das 20:00 horas, a presentación do número 39 da revista O pazo das musas, que nesta ocasión convírtese nun monográfico adicado ao 140 aniversario da chegada do tren a Lugo.
O acto de presentación contará coas intervencións do historiador Xosé R. Veiga, o xornalista e escritor Xesús Fraga, o pintor Xoan Guerreiro e o músico Vadim Yukhnevich, quen ambientará a sesión cos sons do tren. O acto está aberto ao público e a asistencia é gratuíta.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



