A incineradora de Cerceda e o modelo SOGAMA que apoia a Xunta baseado na incineración e o vertido dos residuos urbanos, é un perfecto exemplo de desbaldimento de recursos e de ruína para as arcas públicas.
SOGAMA segue papando inxentes cantidades de cartos públicos. No que vai de ano, e e alén do gasto corrente, a incineradora e o vertedoiro consumíron un mínimo 468,84 millóns de €. Pola contra, para a compostaxe -prioritaria por lei- só houbo 0,09M€.
Son as cifras que se tira da plataforma de contratos públicos de Galiza (contratosdegalicia.es) na que se pode rastrexar a actividade adxudicadora de SOGAMA e ver cantos cartos adxudicou o ente a que proxectos.
O gasto máis elevado coresponde a un contrato de 335 millóns de € para “CONSTRUCIÓN DUNHA PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE MATERIAIS CONTIDOS NOS RESIDUOS URBANOS E O SEU SERVIZO DE OPERACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA, A OBRA DE MODIFICACIÓN DA ACTUAL PLANTA DE RECICLAXE, TRATAMENTO E ELABORACIÓN E COMBUSTIBLE PARA A CLASIFICACIÓN DE MATERIAIS E O SEU SERVIZO DE OPERACIÓN, E MANTEMENTO E LIMPEZA”.
Dito así semella unha obra -carísima, por outra banda- de mellora da separación, reciclaxe e valorización á que optan empresas como FCC, Acciona, OHL, entre outras. Mais se imos ao prego de condicións atopámonos que en realidade este contrato, malia ao seu eufemístico título, resulta que:
“O alcance fundamental deste contrato […], será o de garantir en todo momento, durante as 24 horas do día, o fluxo de alimentación de Combustible Derivado de Residuos (CDR) en cantidade e calidade óptimas para o correcto funcionamento das dúas caldeiras da Planta Termoeléctrica (PTE) do Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC).”
Isto é, manter os fornos da incineradora -a “solución final” do PP- funcionando a pleno rendemento as 24 horas do día.
E se os fornos crematorios non poden queimar todos os resisuos que lle chegan, pois o seu destino (mesmo da materia orgánica que por lei debe ser separada e compostada) é o vertedoiro da Areosa, no que xa se amorean millóns de toneladas de lixo:
“No caso de que a PTE se atope parada ou sexa incapaz de absorber todo o combustible producido nas instalacións, e en concreto da PRTE, disponse dun almacén cunha capacidade duns 47.000m3 para almacenar o CDR producido, o cal será utilizado naqueles momentos nos que a PTE requira este e a PRTE non sexa capaz de proporcionarllo. Debe terse en conta que a capacidade de valorización enerxética de CDR por parte da PTE está limitada, polo que será necesario o transporte ao Vertedoiro de Areosa por parte do adxudicatario a súa costa, de forma continua, dunha parte dos rexeitamentos procedentes da planta de Clasificación de materiais contidos nos RU, así como de todo ou unha parte do excedente de materia orgánica, tamén considerado como un rexeitamento desta planta.”
Outros “investimentos” millonarios de SOGAMA, relacionados coa incineración e o vertido son por exemplo, os 2,20 millóns de € que gasta a incineradora en calcaria e dolomita, rochas necesarias para manter o leito fluidizado nas caldeiras. Ou os 450.000€ gastados na ampliación do vertedoiro para as cinzas (residuos altamente tóxicos) que xera a incineradora e que deben ser tratadas separadamente.
Chama a atención tamén o gasto de 131 millóns de € que a sociedade semipública vai investir en transportar por tren a Cerceda os residuos urbanos (80% de auga) de toda Galiza para seren incinerados e soterrados. Outra mostra máis (e outro gasto escandaloso) da ineficiencia do caduco sistema SOGAMA: gastar cartos en mover auga a Cerceda; alí gastar máis cartos en eliminar a auga (queimando gas natural) dos residuos para poder incinerar o resto, e o sobrante, ao vertedoiro.
Finalmente, resulta anecdótico que para promover a compostaxe da materia orgánica, destino prioritario por lei desta fracción (50% do total do lixo), SOGAMA adique a ridícula cifra de 90000€. Unha mostra do respecto que a actual Xunta ten pola lei e do pouco que lle interesa aforrar millóns de € de cartos públicos.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



