Ribadeo, 18 de setembro de 2015.- O Concello ven de emitir un bando no que se pide ás persoas, familias ou entidades de Ribadeo que manifesten en que condicións e durante canto tempo estarían dispostos a acoller refuxiados da guerra de Siria. O bando indica que todos aqueles que estean en disposición de ofrecer unha vivenda poden dirixirse á Área de Servizos Sociosanitarios, sita no Auditorio Municipal Hernán Naval, segundo deu a coñecer este venres o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “vimos de emitir un bando municipal relativo á acollida de familias refuxiadas procedentes de Siria, deste conflito internacional polo que Europa está consternada polo que alí está pasando. Creo que todos os gobernos, na medida das súas posibilidades, non deben mirar para outro lado”. Suárez Barcia, que asinou o bando xunto á concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, lembrou que “hai uns días mandámoslle ao Ministerio de Asuntos Exteriores unha carta, o noso graíño de area, argumentando que precisamente en Ribadeo estamos orgullosos de ser a chave de entrada en Galicia, tal e como reflicte o escudo do noso Concello. E que é unha chave que pretende abrir portas para acoller ao visitante que nos queira acompañar, como sempre facemos, pero tamén para axudar a aqueles que o poidan precisar”.
Nesta etapa, o alcalde chama a todos os que poidan axudar cunha vivenda a facelo constar: “actualmente o proceso está na fase de ofertar aloxamento, sen prexuízo do que o propio Concello xa dixo que o podería facer, a través do piso tutelado, por exemplo. Estamos coordinándonos coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e queremos tamén abrir a posibilidade de que veciños e veciñas, asociacións ou entidades radicadas aquí en Ribadeo que queiran axudar cedendo o uso dunha vivenda para este fin, o poidan facer”.
Fernando Suárez engadiu: “queremos dicirlle a todo o mundo que os refuxiados que sexan acollidos serán galegos de pleno dereito con acceso á sanidade, á educación e outros servizos. Por este motivo a alternativa que queremos ofrecer debe ser a dunha vivenda, en estado de habitabilidade, ou unha vivenda parcial, de compartir, pero non a dun acollemento de emerxencia. Non se trata de meter a 20 persoas nun pavillón polideportivo durante vinte días. Non se trata diso. Para iso e para dar a mellor información posible á FEGAMP deberase indicar o límite temporal de acollida que estes cidadáns, entidades ou asociacións estean dispostas a ofrecer. Para non enganarnos, de nada serve acoller a alguén 15 días e no día décimo sexto dicir que xa non o podemos acoller máis”.
O rexedor seguiu a relatar que “polo tanto, queremos ter unha base de datos, unha realidade do que a xenerosidade, altruísmo e entrega de Ribadeo pode facer. Non esiximos nada a ninguén, só que aquelas persoas e familias que queiran acoller digan que si e que indiquen o tempo que considerarían xusto acoller, para así transmitir esta información ao Ministerio, á Federación Galega de Municipios de Provincias, para que vaian facendo o mapa dos recursos dispoñibles en cada lugar. En Ribadeo queremos ser dos primeiros en indicar isto. As asociacións ou entidades que estean nesa disposición poderán dirixirse nestes días á Área de Servizos Sociosanitarios do Concello sita no Auditorio Municipal Hernán Naval”.
O bando indica que, neste momento, a axuda que se precisa é a de vivenda, e que se máis adiante se necesita outro tipo de axuda será igualmente posto en coñecemento da veciñanza.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



