Asociación de Amadores da Música- Rematada a tempada de concertos 2014 – 2015 (Santa Cecilia – Día da Patroa) chega o momento de agradecer a tódolos integrantes da Banda Municipal de Música de Ribadeo o sacrificio e o compromiso adquirido para poder levar adiante tódalas actuacións previstas para este verán, en particular durante o mes de agosto, no que cada semana a nosa Banda brindaba un concerto especial a todo aquel que paseaba polo centro da vila: a percusión, a sección de vento-metal, de vento-madeira, a música de cine, o especial e histórico concerto no X Festival Internacional de Musical Clásica,….
Pero os concertos non remataron coa festividade da Patroa … As nosas músicas e músicos renunciaron ao descanso de setembro levando a cabo dúas actuacións fóra de Ribadeo. Este traballo e esta constancia consolidan e garanten o bo facer da Banda.
Pero o agradecemento debe ir máis alá, debe chegar ata os familiares de tódolos músicos, pois somos conscientes de que só co seu apoio e coa súa presenza e axuda incondicional, cedendo os seus propios espazos e relegando os seus tempos de ocio, logran que a Banda teña un lugar asegurado no futuro dos nosos veciños.
Por estas e outras moitas razóns, en nome da Asociación de Amadores da Música e do Director da Banda, GRAZAS a todos vos, músicos, familiares e veciños, por axudarmos a manter viva a nosa Banda.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



