Cervo, 17 de setembro de 2015. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, subliñou este xoves a oportunidade laboral e de formación que supón para os veciños en paro o obradoiro de emprego de carácter medioambiental que se desenvolve no municipio. O rexedor municipal fixo estas declaracións con motivo da visita da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, para supervisar os traballos que se fan co obradoiro que se leva a cabo simultaneamente baixo o título Sendas de Xove, Burela e Cervo, nestes tres municipios, do que o último concello é promotor.
O alcalde destacou a importancia que este tipo de iniciativas teñen para os desempregados que buscan formación e novas oportunidades noutros ámbitos de actividade: “o obradoiro ten tres modalidades, unha distinta para cada concello. No caso de Cervo é medioambiente, como no caso de Xove. No caso de Burela é pintura. Son en total 20 alumnos os que están aproveitando este obradoiro de emprego. Temos que agradecerlle á Xunta a súa aposta por eles, porque se está a propoñer á xente, aos veciños que están neste obradoiro, unha oportunidade de formación, cada un deles nos módulos correspondentes nos que están apuntados. É unha formación que dura seis meses, na que os concellos tamén son ao mesmo tempo son beneficiados polo traballo que aportan estas persoas, estes traballadores”.
Alfonso Villares engadiu que “dende Cervo imos seguir apostando pola formación, tanto para as persoas novas como para as que non son tan novas e necesitan outra alternativa laboral e ter outros campos nos que buscar unha saída laboral. Dende logo en Cervo imos seguir traballando para buscar fórmulas para que as persoas que non teñan traballo poidan telo. Seguiremos pedíndolle á Xunta de Galicia que colabore á hora de poñer á nosa disposición estes obradoiros de emprego, como leva facendo nestes últimos cinco anos”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



