Lugo, 24 de setembro de 2015.- O voceiro do Goberno da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, deu conta este xoves do grao de execución dos fondos destinados ao Pacto Provincial polo Emprego II dos que a nefasta xestión dos socialistas farán que se perdan 1,2 millóns de euros. Tal e como achegan os informes técnicos, a irresponsabilidade do bipartito na xestión deste programa “imposibilita a súa execución ao 100%”. Tanto é así, engade Armesto, que en tres meses o Goberno provincial que dirixe Elena Candia certificou un importe superior ao que o PSOE executou en tres anos; 2.035.708,84 euros, fronte a 1.063.708,25 euros.
O voceiro revelou que, “pese á axilidade e prioridade que se lle deu a este programa desde o novo Goberno provincial coa nosa chegada á Deputación, os retrasos cos que nos atopamos imposibilitan o seu cumprimento en só un trimestre”. Armesto fixo fincapé no feito de que o PP recibiu un proxecto no que a tres meses do peche se atopaba sen executar o 75,45% do orzamento.
“É inviable executar en só tres meses o 75,5% do programa cando en tres anos e medio tan só desenvolveron o 25%” o que pon de manifesto, segundo Armesto, “a incapacidade do bipartito, nomeadamente do PSOE, encargado da área de emprego, para xestionar este tipo de programas. “Agora temos que asumir esta irresponsabilidade do actual goberno, un feito moi grave tendo en conta que falamos de fondos europeos para a xeración de emprego”.
Perda de 1,2 millóns de euros
Tendo en conta as anualidades do plan, dotado con 4,1 millóns de euros, a Deputación provincial estima que a 30 de setembro, data de peche do programa, o PSOE botará a perder 1.210.000 euros para a formación de desempregados, dos que 960.000 euros son fondos europeos. “Aquí demóstrase a preocupación que o Señor Besteiro tiña pola xeración de postos de traballo, que só lle preocuparon á hora de obter réditos electorais”.
Anualidade a anualidade, dos 1,9 millóns de euros destinados ao exercicio de 2012, os socialistas non executaron nin un só euro. O mesmo aconteceu cos 800.000 euros do ano 2013. En 2014, certificaron gastos por importe de 7.028,24 euros, un 0,17% do plan. Polo tanto, en 2014 estaba acumulado o 99,83 do plan, é dicir 4.031.094,04 euros.
O Goberno do PP tratou de axilizar ao máximo o plan certificando un importe total de 1.063.708,25 euros. As previsións indican que ao peche do proxecto, o 30 deste mes, queden pendentes de executar 1,2 millóns de euros, “unha irresponsabilidade da que PSOE e BNG terán que dar conta”, conclúe Armesto.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



