Barreiros, 15 de setembro de 2015.- As beiras do río Masma, en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) acollerán este sábado a IV edición do Festival ‘Ao Son do Masma’ para reivindicar a limpeza, rexeneración e posta en valor deste río declarado Lugar de Interese Comunitario e incluído na Rede Natura pero sumido nos últimos anos nun considerable estado de abandono por parte das administracións con competencias.
O Festival, que está organizado polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros coa colaboración da Irmandade San Caetano, a asociación de veciños de Celeiro de Mariñaos, incluirá actividades durante todo o día, que rematarán xa pola noite cun festival de música galega cos grupos Os Milesios, Ataque Escampe e Tardepiache.
A xornada arrincará a primeira hora da mañá cun roteiro que amosará os principais valores deste entorno natural. O roteiro ten como elemento central o río Masma, tanto para salientar o seu valor ambiental, histórico e paisaxístico, como para denunciar o seu estado de abandono. Trátase dun roteiro circular de 12 quilómetros con saída ás 9:15 horas desde o lugar do festival, a carón da Ponte do Barral, en Celeiro de Mariñaos, desde onde se subirá ao monte Cornería para contemplar unhas fantásticas vistas da desembocadura do Masma e de boa parte da rasa costeira da Mariña e percorrer despois un tramo de río onde se atopa unha vella central hidroeléctrica e varios muíños. As persoas interesadas en participar tan só deberán estar á hora da saída, 9:15 horas, no lugar do Festival.
Xa de volta haberá sesión vermú amenizada polo grupo de música tradicional A Volta do Agro e poderáse xantar á beira do río para o que haberá unha pulpeira chegada desde Melide, empanada, churrasco e tortilla. Pola tarde haberá unha sesión de contos para adultos con Celso Sanmartín, e actividades para os máis pequenos como obradoiros de xoguetes naturais e de reciclaxe de produtos de refugallo e xogos.
A partir das 9 da noite haberá cea e dará comezo o Festival, que xuntará música de distintos estilos coa actuación do grupo folk Os Milesios, de Lugo, o grupo compostelán Ataque Escampe, un dos grupos pop máis coñecidos do panorama galego, e o reagge e o ska de Tardepiache, chegados desde Ferrolterra.
Demandas concretas
A situación do río Masma a día de hoxe dista moito de ser boa. O abandono é patente e a maleza ocupa as ribeiras e o cauce está intransitable, atravesado por árbores e troncos. Segundo os organizadores do Festival, “a situación é crítica pero reversible”. A xuizo de Ollomao e a Irmandade San Caetano, “o Masma precisa dunha atención urxente por parte das institucións con competencias e, polo tanto, tamén con obrigas na súa conservación: a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Costas”.
Desde Ollomao propoñen “facer unha limpeza integral do cauce do rio, eliminando os tapóns formados, talar e podar árbores con perigo de caída ao río e eliminar calquera obstáculo que poida favorecer a diminución de sección do cauce”. Tamén “o acondicionamento e fixación de marxes con restitución de taludes, a eliminación de residuos flotantes e os depositados no leito do rio (neumáticos, botellas, etc..) e a restitución das beiras e a mellora dos accesos”.
Alto valor ecolóxico
O río Masma nace nas estribacións orientais do Xistral, entre os picos Seixo Branco e Cadramón, a uns 920 metros de altitude, e verque as súas augas ao Cantábrico formando a ría do Masma, que separa os concellos de Foz e Barreiros, percorrendo un total de 46,2 quilómetros. A cunca do río Masma, con 291 quilómetros cadrados, comprende catro concellos: Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz.
A ría do Masma, que ocupa unha superficie de 575 hectáreas de extensión está declarada Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA), e incluída na Rede Natura 2000. As beiras do Masma conservan bosques de ribeira e acollen unha variada fauna. No esteiro do Masma e na súa ría hai catalogadas 200 especies de aves.
Ate os anos 50 o Masma era navegable ata Celeiro de Mariñaos. Hoxe isto non é posible debido á falla de limpeza do leito. Aínda así, a calidade da auga do Masma é mellor ca de outros moitos ríos galegos, proba diso é a presenza aínda de salmóns, que son un termómetro natural para medir a calidade da auga. O río Masma pode seguir considerándose hoxe en día, a pesares do seu deterioro ambiental e do descenso de capturas, un dos principais ríos salmoeiros galegos, xunto co Eo, o Miño e o Ulla e son numerosos os afeccionados á cana que todos os anos acoden ao Masma nas tempadas do salmón, reo e troita.
Os organizadores do Festival reivindican a posta en valor do río e consideran que o Masma podería volver a ser un importante recurso para as poboacións ribeiráns, con utilidade social e mesmo como fonte de ingresos e creación de emprego vinculado ao turismo de natureza.




















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



