Burela, 29 de setembro de 2015.- O ala-pivote Javier García Moreno, Chino, foi o autor do único tanto do CD Burela FS Pescados Rubén na pista do Magna Gurpea Navarra, unha diana de dobre penalti que mantivo os da Mariña nunha cita rifada que se lles deu as costas no último segundo. “Foi dura a viaxe do regreso, con esa forma de ver escapar os puntos pero agora toca aprender dos erros” analizaba o novo 20 laranxa tras a terceira xornada de Primeira LNFS, convencido e ilusionado coa chegada dos marcadores a favor. “Estamos dando a cara, facendo partidos competitivos con rivais complicados; os resultados acompañarannos axiña” aseguraba Chino, recoñecendo a súa “rápida adaptación ao equipo e á vila”.
Antes de recibir o Elche CF V Alberola o sábado (18.30 horas, Vista Alegre), o equipo de Daniel Ibañes estrearase mañá noutro dos compromisos da tempada, a segunda eliminatoria da Copa do Rei, que medirá aos mariñáns co Parrulo FS, de Segunda (A Malata, 20.00 horas). “Imos con moita ilusión e sabemos que non vai ser nada doado. É un equipo dunha división inferior, moi motivado, que espera con moitas ganas bater a un equipo de Primeira, sobre todo, sendo un equipo veciño”, advertía Chino.
Emparellamentos da segunda eliminatoria (29-30 de setembro)
CD OLIMPIC DE TRIANA MUNDOSEGUROS-JAÉN PARAÍSO INTERIOR
FS SILVER NOVANCA-LEVANTE UD DOMINICOS MARISTAS
AD CLUB PÍO-PÍO TEMISAS-FC BARCELON
CD BÁSICO FUTSAL TALAVERA-ELPOZO MURCIA FS
CLUB MOSTEIRO BEMBRIVE FS-SANTIAGO FUTSAL
FS PALLEJÀ- AE PALMA DE MALLORCA FS DE MANACOR
CE ESCOLA PIA- AE PALMA DE MALLORCA FS DE MANACOR
ZIÉRBANA FS-RIBERA NAVARRA FS
ZAMORA FS-DLINK ZARAGOZA
CARTHAGO SALA 2013- FS JUMILLA BODEGAS CARCHELO
CD FUTSAL SEGOVIA NATURPELLET- PEÑÍSCOLA FS
CDE FS CIUDAD DEL VINO-ELCHE FS SAD
GÁLDAR COHESAN FS-MOVISTAR INTER
NAZARENO REAL BETIS BALOMPIÉ FS- CD U. MÁLAGA
O PARRULO FS-CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN
CIDADE DE NARÓN-MAGNA GURPEA NAVARRA




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
