Foz, 23 de setembro de 2015.- O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.
Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada. Ademais sortearanse diferentes regalos.
Este evento está organizado polo Concello de Foz e o Club Ciclista Foz e colaboran La Voz de Galicia, Motos Baltasar, Frutas Morriña, Gadis, Froiz, Living Sport e Isabel López Peluquería e Estética.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
