Lourenzá, 15 de setembro de 2015.- Acábase de firmar o acordo co novo adestrador do equipo de Nacional, un vello coñecido da parroquia laurentina.
O adestrador focense Pablo Castro, que comezara os seus periplos como adestrador nas temporada 2008/09 e seguira na 2009/10 co equipo cadete de basket das escolas en Liga Galega, volve ás súas orixes, e nin máis nin menos que en Categoría Nacional.
Logo dunhos días de negociacións, o acordo entre ambas partes é total e dende xa poñerase a traballar para engrasar a maquinaria do Morangrupo Lourenzá. Decidirá, ademáis; xunto co míster de Liga Feminina-2 Juan Nécega as xogadoras que completan o plantel de Nacional así como as vinculadas que comparten ambos equipos.
Pasou por tanto un tempo de 6 anos onde Pablo Castro acrecentou máis a súa experiencia como adestrador pasando dous anos como adestrador en Xove e os 4 últimos como adestrador do Celtas Foz; onde sempre alcanzou os obxectivos propostos.
Ademáis da incorporación de Pablo, o clube acaba de pechar tamén a alta de Jaime Capella como preparador e rehabilitador físico do plantel. Jaime a temporada pasada foi o preparador físico do Azkar Lugo.
Dende a directiva manifestan “estamos encantados destas novas incorporacións que creemos que axudarán a seguir engrandecendo o traballo a prol do deporte das Escolas!!! Moita Sorte!!!”
A foto corresponde ao primeiro ano de Pablo Castro dirixindo un equipo, o das Escolas Lourenzá Cadete na temporada 2008/09. Curiosamente, Juan Nécega era o coordinación da sección e o adestrador de autonómica neses momentos.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
