Lugo, 25 de setembro de 2015.- O voceiro provincial do PSOE, Darío Campos Conde, e o voceiro provincial do BNG, Antonio Veiga Outeiro, adiantaron este venres que ambas as dúas formacións políticas veñen de iniciar o procedemento para devolver aos lucenses o Goberno progresista e nacionalista que elixiron o 24M para a Deputación de Lugo. O vindeiro 8 de outubro terá lugar o Pleno Provincial no que culminará este procedemento co nomeamento do novo Executivo, que presidirá Darío Campos Conde.
Campos Conde remarcou que “o 8 de outubro plasmaremos no organismo provincial a decisión da maioría dos lucenses nas pasadas eleccións municipais: un Goberno progresista e nacionalista para a Deputación de Lugo. A partires dese mesmo día, retornaremos á provincia as políticas de progreso e poremos fin ás políticas destructivas e caciquís do Partido Popular. Durante estes meses, o PP só se adicou a facer da Deputación de Lugo unha Delegación máis da Xunta de Galicia, a pagar con cartos dos lucenses as débedas de Feijóo coa nosa provincia e a destruir, paralizar e bloquear proxectos de futuro do anterior Executivo, como a apertura dos primeiros centros para maiores da rede pública de residencias e centros de día da Deputación; a posta en marcha do primeiro centro de recría de gando vacún público en España na granxa Gayoso Castro ou a creación de 300 novos postos de traballo na provincia a través do Ben Empregado II”.
Veiga Outeiro afirmou que “imos abrir de novo as portas da Deputación” e subliñou que “vimos de dar o primeiro paso para devolver aos lucenses un goberno que nunca debeu estar en mans do PP porque a vontade dos lucenses reflexada nas eleccións municipais foi formar un Goberno nacionalista e progresista na Deputación de Lugo. Levaremos adiante un programa que xa está en marcha nas Deputación da Coruña e Pontevedra co PSOE e BNG, e atenderemos as verdadeiras preocupacións dos lucenses e a todos os Concellos da provincia, independentemente da súa cor política”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



