Ao longo dos últimos anos o Goberno galego deu mostras dabondo do seu compromiso coa mellora das infraestruturas hospitalarias, pero faltaba por desbloquear unha actuación especialmente agardada, como era a ampliación e remodelación do Hospital Público da Costa.
É imprescindible adaptar a principal infraestrutura sanitaria da Mariña lucense á súa realidade e salvar as necesidades de espazo que sofre tras case trinta anos de actividade. Para iso, a Xunta conta xa co crédito necesario -12,8 millóns de euros- para poder licitar as obras, de acordo co compromiso adquirido de iniciar ese procedemento antes de que remate o 2015.
Grazas a este respaldo, poderase ampliar o hospital nun terzo da súa superficie actual: 6.000 metros cadrados máis sobre os 17.600 cos que conta. Ampliar o número de camas, novos espazos de consultas externas e gabinetes de exploración, aumentar a unidade de diálise e crear un hospital de día e de cirurxía menor.
Trátase dunha actuación fundamental para a nosa comarca e para Galicia, que demostra que o Goberno Feijóo foi capaz de completar en plena crise o impulso de modernización das infraestruturas hospitalarias que outros nos negaron en tempos de bonanza.
É certo que levamos anos falando da ampliación do Hospital, pero ninguén pode esquecer que un reto destas características esixe un proceso longo e complexo iniciado anos atrás coa revisión do plan funcional, a redacción do plan director -no que se investiron 112.530 euros- e que estableceu como e con que características tiñamos que realizar unha obra desta magnitude.
Hai quen ten moito interese en desvirtuar a aposta da Goberno galego pola mellora do hospital público da Mariña. Son os mesmos que aseguraban que o iamos pechar ou baleirar de servizos. Que a Xunta non habilitaría orzamento suficiente. Son os mesmos que negaban os máis de 2,2 millóns de euros investidos no centro desde que Feijóo é presidente da Xunta, en obras e novas dotacións tecnolóxicas: na reforma da área de maternidade, teito e zona de arquivo, novos ecógrafos, segunda sala de endoscopia, novas estacións de anestesia,… Os mesmos que dixeron que nunca veríamos dous novos servizos de enorme importancia que hoxe están en funcionamento: a sala de quimioterapia (oncoloxía) e a unidade de hospitalización a domicilio.
Estamos máis preto que nunca do obxectivo final: dispoñer dun centro máis moderno, máis amplo, máis accesible e con mellores características ao servizo dos veciños da comarca e dos traballadores que coidan da nosa saúde.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



