Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015.- O deputado e portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas, formulou este martes unha pregunta parlamentaria en comisión ante as baixas capturas de sardiña e criticou que a Consellería do Mar non iniciara xestións para favorecer a flota galega no vindeiro acordo entre o Estado español e Portugal sobre este recurso.
O parlamentario tamén preguntou se a Consellería de Pesca mantivo reunións co Estado para analizar futuras situacións e que medidas adoptou para establecer novos criterios nas axudas das paradas biolóxicas para que poidan ser “cobradas ante do remate do ano”.
Rodas lembrou que xa no ano 2013, o BNG alertaba da situación do stock da sardiña e xa daquela, afirmou, solicitaba un plan de xestión semellante ao do ano 1999-2002. Hai dous anos, a conselleira manifestaba que non existían problemas na pesquería da sardiña a pesar das recomendacións, en función de datos biolóxicos, da redución nas capturas.
O Goberno galego, engadiu, delegou no Estado español xunto ao portugués un tope máximo de 19.000 toneladas para o 2015 cun reparto que beneficia “claramente a Portugal”, pero en xullo deste ano o Consello Internacional para a Explotación dos Mares (CIEM), publica uns datos nos que suxire que a máxima cantidade aconsellable debe ser 1.580 toneladas, un “10% menos do límite establecido para este ano.
Tras a resposta do secretario do Mar, Juan Carlos Maneiro, o deputado criticou que na actualidade a lexislación pesqueira non se faga en Galiza e que a Xunta delegue todas as decisións na Secretaría General de Pesca. O ano pasado, explicou o nacionalista, reuniuse o Consello galego de Pesca e a parte sectorial pero despois de catro días “déronlle cos acordos nos fociños”.
Rodas reiterou as súas preguntas ante o inicio dunha nova parada biolóxica e o temor de non contar coas medidas axeitadas antes de que “caduquen as ordes antes de rematar o procedemento” como aconteceu o ano pasado que o sector nin estaba dacordo cos días nin nas condicións porque deixaba fora a maior parte da flota, mesmo “necesitaban un crédito ponte e vostedes nin estaban aí” para resolvelo.
Rodas tamén criticou que Maneiro Cadillo se escudara “na falta de tempo” para convocar a reunión sectorial do cerco, “agora estoulle dando ese tempo, dixo, para que faga algo” e para evitar dentro dun mes os erros pasados.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



