Lugo, 22 de setembro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia publica este martes a relación de trinta e cinco empresas lucenses colaboradoras coa Xunta na tramitación das axudas do plan renove de fiestras do que poden beneficiarse tanto vivendas unifamiliares como comunidades de propietarios. O boletín oficial galego publica hoxe tamén a relación de sesenta e oito empresas lucenses máis que, neste caso, colaborarán coa Xunta no plan renove de caldeiras.
A Consellería de Economía e Industria promove dúas liñas de axudas para a instalación de caldeiras de gas natural, GLP ou biomasa (con apoios de ata o 40% do custo do proxecto) e para a renovación de fiestras (con axudas de ata o 25%).
Plan Renove de fiestras
Esta última esta ten como obxectivo a substitución das fiestras xa existentes por outra de igual ou de inferior tamaño, de cara a incentivar a súa rehabilitación, acadando melloras significativas na calidade da construción co conseguinte aforro en termos económicos. A contía máxima por vivenda unifamiliar é de 100 euros por metro cadrado de oco co límite de 3.000 euros. Nas comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a contía será de 3.000 euros cun máximo de 50.000 euros. En calquera dos dous casos, a cantidade da subvención non superará o 25% do custo total da obra.
Substitución de caldeiras
En canto ao sinalado na orde para renovación das caldeiras de alta eficiencia enerxética, promóvese a implantación de equipos de gas natural ou GLP, así como de novas caldeiras de biomasa, neste último caso, só en vivendas unifamiliares e comunidades de veciños do perímetro urbano de Lugo. Os apoios, chegan ata o 30% do investimento, elevándose ata o 40% se a caldeira que se prevé substituír é de gasoil
Entidades colaboradoras
Balseiro lembra que os particulares que queiran beneficiarse destas axudas terán que poñerse en contacto con algunha das entidades colaboradoras, que son as encargadas de tramitar o procedemento (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
Aforro enerxético
O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, salientou que mediante estes apoios autonómicos non só se logra obter melloras e modernizacións nas estruturas de vivendas e edificios, senón novas fiestras e caldeiras que permiten obter un consumo máis eficiente de enerxía e contribuír á diminución da factura eléctrica das familias




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



