6 de outubro de 2015.- Xa estamos en marcha!
O sábado 3 de outubro, arrincou a nova tempada da liga regular de billarda. Foi no campo da festa de Ponte de Outeiro (Castro de Rei), donde no troco dos danzantes, foron as billardas as que o ser golpeadas, fungaron no ar xirando alegremente e non sempre cara ao varal. Algunhas e malia as intencións dos xogadores, desviábanse do desexado destino final (“o varal”) e se perdían fora dos límites do campo, caendo no rio ou agochándose entre a vexetación da súa marxe. Por sorte e por previsión dos “Carabullos”, organizadores do aberto, o esquieiro estaba xa preparado para úsalo cando fixera falla.
A neboenta e fría mañá que nos recibiu os que madrugamos para xantar no lugar antes da enganchada, foi paseniño quentando ata se converter nunha tardiña calurosa que nos acompañou aos mais de medio cento de palanadores que nos demos cita nesta primeira xornada billardeira.
As pistas de xogo moi ben dispostas e arranxadas para a ocasión foron o marco perfecto para unha xornada de adaptación ao novo sistema de xogo que estreamos este ano.
Notouse un pouco a inactividade do verán e algún dos equipos ainda están incompletos ou en fase de renovación pero todos deron o mellor de si moi atentos a ir tomando posicións cara a clasificación xeral.
Logo das cinco carreiras regulamentarias, saiu un gañador do aberto. Carlos Alvariño con 22 puntos de 25 posibles foi o brillante campión da xornada.
Para o segundo e terceiro postos houbo catro aspirantes que empataron a 21 puntos. Estos foron Daniel e Manolo de Billardeiros Musicais, Jorge de Pena verde e Muriego de Remourelle Bulls. A primeira rolda de desempates gañouna Daniel que amarrou o segundo posto e seguidamente Muriego desfixose de Jorge acadando a terceira posición.
Por equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo sairon vencedores, recibindo como agasallo unha fermosa cesta de productos típicos.
Para os tres primeiros, tiña disposto a organización sendos artesanais trofeos acompañados de unha árbore para plantar (unha maceira, un ameixeiro e unha figueira).
A continuación da entrega de premios, deu comezo a foliada con petiscos, doces, bebidas e por suposto música de gaitas, pandeiretas e cantos enxebres capitaneados por o gran animador Chousa.
Cheos de ledicia demos por finalizada a xornada quedando citados para o 17 de octubre celebrar a 2ª xornada en A Cadeira. Agardamos seguir disfrutando deste noso deporte e compartilo cada vez con mais xente que queira pasalo ben. Billarda sempre!
As clasifiacións logo desta primeira xornada quedan asi:
Individual: Carlos Alvariño 22 p., Daniel, Jorge, Manolo Pozo e Muriego 21 p.
Donas: Geni 12 p., Bea 10 p., Zaira 8 p., Nuria e Sar 7 p. e Geles 6 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 71 p., Carabullo de Teixo 66 p., Ekipa Bítere e O Cadaval 52 p.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
