A presentación das Escolas Deportivas e Culturais da ACD.XOVE terá lugar este sábado 3 de outubro ás 20.30 horas no Salón de Actos do Concello de Xove onde se darán a coñecer os horarios de tódalas actividades,
así como a relacion de alumnos-as de cada Escola. Igualmente, o acto servirá para presentar ós novos monitores e aclarar as dúbidas dos participantes e/ou escoitar as súas suxerencias de cara a adaptar o mellor posible as actividades a tódolos participantes.
O vindeiro luns 5 de outubro nas distintas instalacións darán comezo as actividades ofertadas:
Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
Patinaxe Artistica ( de 5 ata 16 anos)
Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
Baloncesto (de 5 a 16 anos)
Xadrez ( de 6 ata 16 anos)
Karate ( de 5 ata 16 anos)
Atletismo de (8 a 16 anos)
Tenis de Mesa (de 8 a 16 anos)
Aerobic-Pilates-Zumba (+ de 14 anos e adultos)
Teatro (de 8 a 16 anos)
Pintura ( + 9 anos e adultos)
Cada Escola Deportiva forma equipos de competición e participa nas distintas competicións tanto de deporte escolar coma en ligas federadas.
ACD.XOVE
A ACD.XOVE está formada por preto de 200 familias socias, nas cales todolos membros poden participar nas distintas Escolas Deportivas e Culturais, que a sua idade llo permita. O equipo técnico está formado por 17 Monitores ca axuda de 14 delegados e directivios responsables de cada una das Escolas.
Aparte das Escolas Deportivas e Culturais, a ACD.XOVE organiza outras actividades deportivas como poden ser Surf, Sendeirismo, Día da Bicicleta, etc…..
A cota de Socio Anual e de 120.-€, dividida en dous pagos de 60.-€ (pago semestral). Máis informacion en: www.acdxove.es ou na páxina de facebook da ACD.XOVE.






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
