Foz, 2 de outubro de 2015. O vindeiro luns, 5 de outubro, ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición A Maruxaina e outras sereas, do libro do mesmo nome e composta por esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas.
O evento, que se celebrará na sala de exposicións do Cenima, contará coa presenza do alcalde, Javier Castiñeira, e do presidente da asociación Os Aventados.
A Maruxaina e outras sereas poderase ver no Cenima ata o 31 de outubro. Durante todo este mes haberá diversas actividades complementarias arredor desta exposición. O día 16 pola mañá desenvolverase un relatorio para escolares sobre a Relación entre saúde e elementos utilizados na fabricación de recipientes de cerámica, a cargo de Otero Regal. O 23 proxectarase o audiovisual Auga, terra e lume: Otero Regal. Ese día pola mañá haberá visitas escolares e ás 20 horas para o público xeral. O día 30 ás oito da tarde terá lugar un relatorio e proxección sobre Sereas e faros, a cargo de Pablo Mosquera (médico e escritor) e Paco Rivas (poeta). E xa o 31 de outubro ás 13 horas procederase á clausura desta exposición, que está organizada pola Concellería de Cultura de Foz en colaboración coa asociación Os Aventados.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



