Lourenzá, 22 de outubro de 2015.- A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, propuxo a instalación no municipio das primeiras pistas de atletismo homologadas da Mariña aos responsables da Xunta de Galicia que hoxe visitaron as obras do novo solado do polideportivo municipal. Foron concretamente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a delegada territorial na provincia de Lugo, Raquel Arias; e o xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manuel Otero, que estiveron acompañados pola rexedora municipal e polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva.
Rocío López explicou que “ao longo da visita de hoxe mantivemos conversacións coas autoridades da Xunta e manifestámoslles o noso desexo e a nosa predisposición para que Lourenzá sexa tida en conta á hora de instalar as primeiras pistas de atletismo homologadas da Mariña. Tocaremos tódalas portas buscando a colaboración das institucións”.
Sobre a obra realizada no polideportivo municipal, a alcaldesa comentou que se fixo “en base a un convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Lourenzá e consistiu na substitución de solado na pista do polideportivo municipal. O importe total das actuacións que se realizaron ao abeiro deste convenio ascendeu á cantidade de 50.000 euros, importe que a Secretaría Xeral para o Deporte subvencionou na súa totalidade”.
Rocío López destacou que esta actuación “foi positiva, debido á necesidade de mellorar o pavimento existente, que era de formigón. Substituíuse ese solado de formigón por un de parqué, o que mellorou considerablemente as condicións das instalacións deportivas. Isto traducirase nun mellor confort e nunha maior seguridade para os usuarios do polideportivo municipal”.
A rexedora rematou manifestando: “estou a facer o meu traballo, tal e como prometín. É certo que esta subvención se tramitou antes de estar eu aquí e o meu deber e a miña obriga como alcaldesa era darlle continuidade a este proxecto. A finalidade de tódalas actuacións e decisións que tome un alcalde deben ir orientadas sempre cara á mellora da calidade de vida dos seus veciños e esta obra contribúe, sen dúbida, a unha mellora integral das instalacións deportivas existentes no noso concello. Así os laurentinos poderán utilizar as instalacións do polideportivo municipal dun xeito máis cómodo e seguro. É para min gratificante saber que estou a facer a miña labor, para a cal os laurentinos me escolleron, que é facer cousas por Lourenzá”.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



