O CD Burela FS Pescados Rubén B volve a Vista Alegre na cuarta xornada de Autonómica Feminina coa visita do Cidade das Burgas (domingo 11, 12.00 horas).
Á fronte deste prometedor proxecto está Pablo García, que esta tempada alternará a responsabilidade de adestrador coas súas obrigas como preparador físico do conxunto sénior feminino. “Estou moi contento coa ilusión do equipo e tamén co seu rendemento tanto nos adestramentos coma na competición” recoñecía o burelao, que se interna nunha nova etapa profesional no club laranxa, nun ámbito no que xa conta con experiencia dirixindo equipos escolares en diferentes municipios da Mariña. “É un grupo moi ilusionado; gústalles moito o fútbol sala, son moi traballadoras e ata se lamentan se perden algún adestramento. Forman un excelente grupo, unido por unha grande amizade” loaba así as súas pupilas Pablo.
“A categoría é nova para todas, teñen que adaptarse, pero xa están competindo ben. Están respondendo ben en actitude sobre a pista e xogo, aínda que os resultados nas dúas últimas xornadas non nos acompañaran”, valoraba así o técnico o ata agora curto percorrido da escuadra laranxa en liga, que se estreou con vitoria ante o Leis Pontevedra (2-4) e caeu ante A Fervenza (5-7) e Fisober (4-1).
Mantense o bloque do ano pasado en Provincial, coa incorporación dalgunhas rapazas procedentes doutros equipos da Mariña: Jessica López, Lara Díaz, Xela Bernardo, Gracieth Coelho, Paula Lestegás, Anna Fernández, Carla González, Noemí da Silva, Paula Rubiera, Carla Bolaños, Nerea Abad, Silvia Otero e Nuria Rolle. O equipo complétano xogadoras que alternan o traballo co de Primeira RFEF, como Emma e Judith, ademais da burelá Silvia Rubal, que regresa procedente do Rioja FSF.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
