A Coruña, 18 de outubro de 2014.- A Dirección Xeral de Tráfico poñerá en marcha desde este luns 19 de outubro e ata o vindeiro domingo incluído, unha nova campaña especial de vixilancia nas estradas convencionais da comunidade galega. Durante toda a semana, incrementaranse os controis neste tipo de vías.
Segundo os datos estatísticos da DGT, catro son os factores que máis inciden nos accidentes: o exceso de velocidade, o consumo de alcohol e drogas, non usar o cinto de seguridade e as distraccións. Nese sentido, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil vixiarán, ademais da velocidade, os adiantamientos indebidos, a inxesta de alcohol ou drogas, o uso de casco e sistemas de retención, a utilización do teléfono móbil ou auriculares durante a condución, a manipulación de navegadores ou de calquera outro elemento que poida distraer e, en xeral, calquera infracción da normativa vixente en materia de circulación vial.
Os xefes dos subsectores das catro provincias galegas coordinan esta campaña na que, sempre que sexa posible, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis.
Desde a Delegación do Goberno en Galicia recórdase que un dos obxectivos prioritarios na estratexia vial da DXT para o período 2011-2020 é mellorar a seguridade vial e conseguir comportamentos máis seguros nas estradas convencionais.
A importancia desta campaña represéntase nas cifras que analiza a DXT en relación á siniestralidade viaria no territorio nacional. Así, aínda que a maioría de accidentes con vítimas prodúcense en vías urbanas, o maior número de falecidos e feridos graves rexístranse en vías convencionais. En 2014, o 38,38% dos accidentes de tráfico con vítimas rexistrouse en en vías interurbanas, onde se encadra o 73,87% do total de vítimas mortais (1.240). Á súa vez, o 77% dos falecidos en vías interurbanas (956) rexistráronse en vías convencionais.
Campaña anterior en Galicia
Como resultado da última campaña específica de vixilancia de vías convencionais en Galicia, desenvolvida do 20 ao 26 de outubro de 2014, controláronse 81.650 vehículos, resultando denunciados 3.017 condutores. Entre as denuncias que máis incidencia tiveron para a seguridade vial, destaca o exceso de velocidade (con 1.837 denuncias, que supón máis do 58% das totais) seguido pola ausencia de cinto de seguridade e doutros sistemas de retención (con 187 denuncias, case o 6%), o consumo excesivo de alcohol (121 denuncias, case o 5%) e o uso do teléfono móbil (136 denuncias, o 4,33%).