Lugo, 30 de outubro de 2015.- A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC acollerá do 3 ao 6 de novembro a Semana do Guión destinada especialmente a alumnos, titulados, docentes e técnicos da TIC, aínda que estará aberta á participación de calquera persoa interesada. Especialistas na materia impartirán as clases maxistrais: Guión de Series Web, Guión de Programas de Televisión, Guión no Branded e Guión de Ficción de Televisión.
Esta actividade é posible grazas ao convenio asinado a tres bandas pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG) e a Fundación TIC. Ten entre os seus obxectivos complementar a formación de calidade que imparte a EIS coa experiencia de profesionais en activo e adaptada aos novos formatos e demandas reais dun mundo audiovisual en continuo cambio.
Como apuntarse
Para asistir a estas clases maxistrais, que durarán tres horas cada unha, de 17:00 a 20:00 horas, os interesados deberán enviar un correo a victoria.eis@fundaciontic.org indicando nome, teléfono, dirección de correo electrónico e as masterclass ás que lles gustaría asistir. O prazo para poder inscribirse estará aberto ata a mesma mañá do día de celebración de cada actividade formativa. Hai límite de prazas.
O programa da Semana do Guión é o seguinte:
-Martes, 3 de novembro: Guión de Series Web, a cargo de Enrique Lojo.
-Mércores, 4 de novembro: Guión de Programas de Tevisión, a cargo de Ángel Suánzes
-Xoves, 5 de novembro: Guión no Branded, a cargo de Adolfo Ponte
-Venres, 6 de novembro: Guión en Ficción de Televisión, a cargo de Xosé Antón Cascudo






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



