San Cibrao, 7 de outubro de 2015.- O presidente e membros da directiva da asociación de veciños Cruz da Venta de San Cibrao foron recibidos este mércores á mañá pola presidenta da Deputación provincial de Lugo, Elena Candia.
O encontro, solicitado a petición do colectivo veciñal, tiña por obxecto analizar a situación na que se atopan varios proxectos que a administración provincial mantiña paralizados en San Cibrao, en especial a ampliación do Museo do Mar e a obra de acceso ao polígono de Cuiña.
Segundo explica Jose Luís Sariego, presidente de Cruz da Venta, a dirixente provincial confirmoulle a intención do Goberno popular de desbloquear estas dúas actuacións e deulle conta das xestións realizadas en cada caso.
Museo do Mar
En relación co Museo do Mar os primeiros trámites foron para indagar a situación na que se atopaba o proxecto de ampliación deste edificio que se quedou pequeno para albergar a súa colección expositiva e moitas das súas pezas e patrimonio, doados polos propios veciños.
Candia confirmou que a vontade do Goberno popular é acometer esta ampliación, tan necesaria e que ademais constituía unha promesa electoral dos populares. Nese sentido confirmou que non existía previsión presupostaria nos orzamentos de 2015 que ela herdou para acometer esta obra, e que a súa intención era incluílo nas contas de 2016 como ún dos proxectos máis destacados a impulsar no ámbito cultural.
Ambos presidentes coincidiron en que a ampliación do museo debe facerse con seriedade e coa intención de que siga sendo útil no futuro, garantindo que a nova estrutura non contraste coa contorna arquitectónica da zona e que o novo edificio sexa o suficientemente amplo para solucionar os problemas de espazo actuais.
Sariego trasladou a Candia a importancia de sondar a posibilidade de adquirir unha vivenda situada nun solar anexo ao museo, pois, indicou, é unha das propostas que maior satisfacción darían aos veciños de San Cibrao e aos amantes do único museo da provincia dedicado ao mar e ao patrimonio da pesca.
Acceso ao polígono de Cuíña
Tamén abordaron a obra paralizada de acceso ao polígono de Cuiña respecto da cal, coincidiron, supoñería unha mellora da comunicación viaria deste parque empresarial e mellora tamén da seguridade, pois evitaría o paso de vehículos pesados polo núcleo do pobo, que moitas veces acaban perdidos ou accidentados ao non poder facer manobras polas estradas locais, non adaptadas a este tipo de tráfico.
Candia confirmou que a intención do executivo é retomar estas obras e facelo con cargo a unha partida xenérica que xa existe reservada para melloras en estradas e indicou que non tiña sentido algún que a Deputación seguise facendo deixación das súas funcións en relación con esta obra.
O presidente de Cruz da Venta trasladoulle que en todo caso era necesario facer uns traballos mínimos de mantemento do lugar da obra que, tras ser esquecida polos sucesivos gobernos anteriores da Deputación, está repleta de maleza.
OUTRAS ACTUACIÓNS
Jose Luís Sariego agradeceu a boa disposición da presidenta a cada ún dos puntos que se lles trasladou e, en especial, que tivese o xesto de recibir aos representantes veciñais de San Cibrao tras intentalo en múltiples ocasións sen éxito co anterior presidente Besteiro.
Sariego considerou tamén moi acertada a recuperación da colaboración e cooperación institucional entre a Deputación e o Concello de Cervo materializada nos pasados meses en múltiples traballos de limpeza viaria, en especial na estrada que serve de acceso principal a San Cibrao ou na propia estrada do litoral cara a Burela que anteriormente a Deputación descoidaba no seu mantemento, pese ás continuas peticións realizadas desde a asociación de veciños.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



