A residencia San Bartolomeu de Xove organizou unha xornada especial de actividades para conmemorar o Día Internacional das persoas maiores, que se celebra este 1 de outubro. O obxectivo de todas as actividades é recordar a importancia dos maiores nunha sociedade cada vez máis envellecida nos países desenvolvidos.
A xornada estivo centrada na preservación dos recordos que os maiores teñen asociados ao outono, a través dun taller de memoria no que participaron todos os usuarios e onde estiveron acompañados polo equipo de educadoras do centro.
As actividades realizadas incluíron talleres de memoria a longo prazo, recital de cancións e refranes populares da rexión relacionadas co outono e recolleita de froitos de tempada.
Galicia, cada vez máis envellecida
Segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), Galicia é a segunda Comunidade Autónoma máis envellecida do noso país, cun 23,5% da súa poboación con máis de 65 anos, só superada por *Castilla-León. Na provincia de Lugo, un 28,3% da poboación está composta por persoas de 65 ou máis idade.
Na comarca da Mariña Occidental, o IGE rexistrou o pasado ano un total de 6.879 persoas maiores, o que supón un 25,7% do total da poboación da comarca. En Xove contan con 905 maiores, o que supón unha porcentaxe con respecto á súa poboación total dun 26,1%.
20 anos ao servizo das persoas maiores
A residencia San Bartolomeu de Xove é un centro dirixido a maiores válidos e asistidos, fundada no ano 2004, ten capacidade para 126 maiores asistidos e 14 prazas para maiores válidos en apartamentos tutelados.
A Fundación leva máis de 20 anos prestando un servizo asistencial a colectivos desfavorecidos de Galicia a través da súa rede de centros de 70 residencias, a maioría en contornas rurais onde a oferta privada é escasa, que suman máis de 3.500 prazas das que só o 30% son concertadas. O equipo humano está formado por máis de 1.500 traballadores. Foi a primeira institución en Galicia en certificar a calidade dos seus centros mediante o recoñecemento europeo ISO 9001:2000.























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



