Foz, 1 de outubro de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou un novo obradoiro de emprego no municipio, o Río Masma, que ten lugar na Aula de Formación do Concello situada en Fazouro. Nel participan 15 rapaces menores de 30 anos que reciben formación sobre mantemento de infraestruturas municipais e xardíns.
O rexedor municipal focense explicou este xoves que “deu comezo na Aula de Formación do Concello de Foz, en Fazouro, un novo obradoiro para menores de 30 anos, onde 15 rapaces de Foz van ter a posibilidade de formase no módulo de mantemento de infraestruturas municipais e xardíns. Está na dinámica que levamos nestes últimos anos no Concello de Foz, xunto á Consellería de Traballo de Benestar, tratando de darlle o máximo uso a unha aula de formación que está acollendo a día de hoxe dúas escolas obradoiro: unha é a que se está levando a cabo en común con concellos de Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e Foz, o actual obradoiro Pardo de Cela 2, e este que dá comezo, que é o obradoiro Río Masma, de Foz”.
“Estamos contentos porque se están simultaneando dous obradoiros nos que os rapaces terán unha formación idónea para poder ter despois os seus certificados de profesionalidade. Seguimos nesa boa dinámica destes últimos anos, de que todos os anos haxa un obradoiro ou máis, como neste caso, no noso municipio”, destacou Javier Castiñeira.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



