O Estado vén de aprobar o decreto do autoconsumo co polémico “imposto ao sol”. Cárgalles unha peaxe a usuarios/as e Pemes que desincentiva o autoconsumo e atranca a estensión das renovábeis, perpetuando a dependencia das eléctricas
Entreguismo absoluto do PP ás electricas
O “Real Decreto 900/2015, de 9 de octubre, por el que se regulan las condiciones administrativas, técnicas y económicas de las modalidades de suministro de energía eléctrica con autoconsumo y de producción con autoconsumo” supón, coa excusa de regulamentar unha práctica imparábel -o autoconsumo electrico con pequena instalacións renovábeis-, un patético intento de frear a democratización da enerxía e perpetuar o oligopolio das electricas, habitual retiro de políticos xa amortizados.
Este será, probabelmente, o destino do actual ministro de industria Sr. Soria e doutros membros do governo de España que en vésperas dun proceso eleitoral, non tiveron reparos en aprobar unha medida que perxudica claramente á cidadanía en favor da grande industria enerxética. Tal é o medo que o oligopolio eléctrico ten a que a estensión masiva do autoconsumo eléctrico en fogares e pequenas empresas, favorecido polas milloras tecnolóxicas e espoldrexado pola continua suba dos prezos da enerxía, prexudique ao seu lucrativo negocio.
Esquecer o balanzo neto e veto ao autoconsumo compartido
O decreto establece unha peaxe obrigatoria, o coñecido “imposto ao sol”, para todas aquelas instalacións de autoconsumo que estean conectadas á rede eléctrica. Só as instalacións totalmente illadas están exentas.
Esta peaxe consta dun treito fixo por kW de potencia instalada e un treito varábel en función da hora e cantidade de enerxía vertida como excedente á rede. As instalacións de autoconsumo de menos de 10kW e aquelas situadas nas illas están exentas da parte variábel, mais non da fixa. E todo o exceso que produzan até un máximo de 100kW de potencia instalada poderán vertelo á rede mais non cobralo: será enerxía cedida de balde ao oligopolio (e que logo este venderá).
Deste xeito, o PP esquece o balanzo neto, o método máis estendido no mundo de relación entre os auto-consumidores e o sistema eléctrico. O balanzo neto, que verdadeiramente incentiva a estensión das enerxías limpas e a eficiencia, consiste en ceder a electricidade sobrante dunha instalación de autoconsumo e recuperala na mesma proporción cando a vivenda ou negocio a precisa. O governo decidíu considerar que unha instalación de autoconsumo, polo feito de estar conectada á rede eléctrica, debe facer fronte aos “custos do sistema” e ser tratada como calquera outra compañía eléctrica cuxo única fin é o lucro.
A norma impide tamén que a enerxía xerada polas instalacións de autoconsumo poida ser partillada por varios usuarios/as, caso das comunidades de veciños/as e polígonos industriais, por exemplo.
Freo ás renovábeis e á socialización da enerxía, e consolidación da pobreza enerxética
Con esta regresiva norma, o PP impón vía decreto un freo á estensión das enerxías renovábeis a pequena escala e coloca atrancos case insalvábeis á socialización e democratización da enerxía. Tamén contribúe a mermar os esforzos en aforro e eficiencia e a perpetuar situacións de pobreza enerxética entre a cidadanía, que terá máis difícil zafarse das gadoupas das compañías e exercer a súa soberanía enerxética. É como se por consumir os produtos da horta da nosa casa tiveramos que pagar ao supermercado!!
A intención deste decreto non é outra que favorecer ao actual oligopolio eléctrico e darlles tempo a reaccionar fronte á imparábel estensión do autoconsumo. Malia ao compromiso de case todas as forzas políticas estatais de derrogar a norma se o PP perde o poder, estes últimos anos de incertidumes e ameazas de Industria ao auto-consumidores/as, xunto coa aprobación desta decreto, déronlle tempo ás grandes eléctricas para reaccionar e ir preparando os seus “pacotes de autoconsumo e renovábeis” que en breve veremos publicitados, e deste xeito copar tamén un sector emerxente que escapaba ao seu control.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



