Lugo, 19 de outubro de 2015.- A voceira do Grupo Provincial Popular, Elena Candia, puxo de relevo na mañá deste luns a diferenza existente entre a áxil conformación do anterior Goberno popular coas dificultades que está atopando o novo bipartito
“Eu tomei posesión como presidenta da Deputación de Lugo un xoves e tres días despois, o sábado, xa coñecíamos o novo Goberno, o reparto de competencias e tarefas entre os deputados e estábamos traballando con axilidade desbloqueando asuntos. O bipartito vai a cumprir dúas semanas desde que tivo lugar a moción de censura e a designación do novo presidente, Dario Campos, e aínda non coñecemos o goberno”
Elena Candia lembra que tampouco se constituíu a nova Xunta de Goberno, nin se aclarou, por parte do BNG se cumprirán o seu código ético, tal e como reclamaba o seu voceiro nacional, vetando a presenza de imputados no Goberno, “que parece ser un dos obstáculos principais”
Situación de parálise
Os populares lamentan a situación de “parálise total” que afecta a Deputación, motivada polas liortas internas das que a diario son protagonistas socialistas e nacionalistas na provincia de Lugo, e vaticinan “un futuro de moita inestabilidade” para un pacto bipartito que nada máis comezar asiste aos seus primeiros enfrontamentos.
“Os lucenses toman boa nota. Saben a axilidade coa que traballamos uns e a parálise coa que actúan outros. Evidénciase con rotundidade que a PSOE e BNG o que menos lles importa e o bo funcionamento da Deputación de Lugo”.

















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



