Mondoñedo, 19 de outubro de 2015.- Trala avaría no subministro eléctrico, que afectou á cidade de Mondoñedo na noite do sábado 17 de outubro, coincidindo coa celebración das Feiras e Festas das San Lucas, dende o Goberno local de Mondoñedo infórmase que:
1.- O Concello de Mondoñedo liderará unha reclamación contra a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), pola tardanza no restablecemento do servizo eléctrico, durante unha data na que o retraso á hora de corrixir a avaría ocasionou importantes perdas económicas.
2.- Dende o Concello de Mondoñedo aclaran que é entendible que se produzan incidencias no subministro eléctrico, pero consideran inconcibible a inexistencia dun protocolo de restablecemento inmediato do servizo en circunstancias como a dada na localidade. Estábase a celebrar un evento de importante envergadura.
3.- Polo tanto, o Concello de Mondoñedo pedirá responsabilidades a empresa distribuidora do subministro eléctrico na cidade ao tempo que convida a outras entidades representativas dos sectores máis afectados, como son a Asociación de Comerciantes ou Industriais de Mondoñedo e a Asociación As San Lucas de Mondoñedo (organizadora das festas), a que se sumen a esta reclamación. De igual xeito, o Goberno local informa que mantivo contactos coa oposición ante esta situación, e o PSOE xa lle trasladou o seu apoio ao respecto.
4.- Por último, dende o Concello de Mondoñedo tamén queren pedir desculpas pola situación vivida na noite do sábado e polas consecuencias ocasionadas, que o levan a asumir esta iniciativa para que a empresa encargada da distribución asuma as responsabilidades oportunas e non se repitan circunstancias como a sufrida durante esta anualidade na celebración das San Lucas 2015.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



