Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén vivirán o primeiro duelo irmandiño este sábado, coa visita do Poio Pescamar FS (18.30 horas) pelexando por conservar a boa liña inicial de tempada. O derbi poderá seguirse en directo por streaming.
A última vez que se viron as caras pontevedresas e mariñás foi en pretemporada con marcador favorable para o Poio (5-1), pero o escenario e os protagonistas cambiaron. “O Burela FS non é o mesmo, somos un equipo con máis complicidade e máis unido” advertía Claudia, que tamén destacou a boa sensación que lle deixou o rival no seu anterior envite: “Gustoume moito, presentando o partido cunha defensa adiantada e presionando”.
Con pleno de puntos en liga e tras a meritoria vitoria na pista de Alcorcón, o Burela móstrase máis seguro. “Deunos moitos ánimos; son tres puntos pero para min son 6 porque viaxamos con ausencias e ademais Bea e eu tampouco estabamos ben” explicaba Claudia, que abriu o marcador do triunfo. “Esta semana xa volve Peque e tanto Bea como eu xa nos recuperamos das diferentes molestias” adiantaba a focega.
As pupilas de Lucas completarán a preparación para o derbi na última sesión esta tarde. Non entrarán Emma e Judith por lesión.
Deportista Lucense 2015
A 5 laranxa recibiu este xoves en Lugo o recoñecemento dos lectores de El Progreso como Deportista Lucense 2015 na sección de fútbol sala. “É un gran orgullo, é o recoñecemento ao traballo de todos estes anos e motívame para seguir mellorando, pero tamén é un premio para as miñas compañeiras e adestradores cos que vivo e vivín o fútbol sala” explicaba con emoción Claudia, que xa recolleu o galardón do xornal lucense en 2011-12.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
