Burela, 9 de outubro de 2015. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que a construción da nova escola infantil é unha competencia impropia para o Concello e reitera a súa intención de anular o convenio subscrito coa Xunta por parte do anterior equipo de goberno. Llano engade que a construción desta infraestrutura se encarece aínda máis porque hai obras que é necesario acometer e que non ían no proxecto inicial.
O rexedor contou que estivo estes días co encargado de obras da escola infantil que se está construíndo en Burela, “da cal nosoutros xa dixemos cando estábamos na oposición no anterior mandato que non nos parecía correcto que o Concello asinase un convenio coa Consellería de Benestar para a construción dunha escola infantil dado que é unha competencia impropia, polo que o Concello non ten que facer esa obra porque condiciona moitísimo o orzamento municipal”.
Alfredo Llano dixo que “ademais esta gardería, que estivemos vendo co encargado das obras, vexo que aínda hai moitas cousas que non se contemplaron no proxecto inicial, hai moita obra que vai ser complementaria, o que vai encarecer bastante o que estaba previsto. Hai que facer unha serie de traballos que de momento non están contemplados no orzamento. Por tanto no convenio estaba fixado que o Concello tiña que aportar un 40 por cen de todas as obras e despois facerse cargo do mantemento da gardería. Iso é unha barbaridade, porque o Concello xa tivo que aportar o solar onde se está construíndo, o que supuxo uns 90.000 euros, e agora o 40 por cento das obras que estaban previstas, pero neste momentos vemos hai que facer outras a maiores que daquela non estaban contempladas. Porque, por exemplo, hai unhas canalizacións de augas pluviais e residuais que aínda hai que levar á rede; e iso tamén vai encarecer bastante o seu custe”.
O alcalde sinalou que “estiveron traballando durante todo este tempo sen luz de obra, polo cal os encargados da construción tiveron que levar un xerador de electricidade, o que encareceu unha barbaridade todo o proceso de construción desta gardería. Non entendo como nun núcleo urbano os anteriores gobernantes do Concello non se moveron para levar luz de obra á gardería e que non tiveran que ter un xerador alí”.
Llano asegurou que “ademais hai que facer unha serie de arranxos que están contemplados xa no interior, que tamén van ser obras complementarias e polo tanto hai que dotalas de presuposto. Hai unha cuestión que a min paréceme moi importante: é que a zona que debe ser axardinada para destinar a espazo de recreo para os nenos que vaian alí aínda está sen preparar. Tamén, como consecuencia, haberá que artellar e pagar unha serie de acondicionamentos que van seguir encarecendo a achega do Concello para a construción da gardería, que é unha competencia impropia”.
O rexedor burelés lembrou que “xa o dixen daquela e dígoo tamén agora, que son alcalde: vou solicitar a anulación dese convenio que se firmou naquel momento. E vamos facelo argumentando que cando se fixo a lei de racionalización dicía o Goberno Central que eses convenios que correspondían a competencias impropias había que anulalos. Polo tanto nós imos aproveitar iso e argumentar que non podemos seguir con ese convenio, dado que é unha cuestión que é moi desfavorable agora mesmo para o Concello de Burela”.
Alfredo Llano di estar decepcionado “por como se levaron a cabo as obras da gardería, que é moi difícil que se abra no tempo que estaba previsto, pois tíñamos contemplado que fose en xaneiro ou febreiro. Pero tal e como se atopa o estado das obras, o que queda por facer, os complementos, etcétera, non creo que sexa posible abrila durante este curso. Así que posiblemente haberá que ter todo preparado para o curso que vén. O motivo é a desidia e esa forma de facer as cousas e a pouca vixilancia que houbo desde o anterior equipo de goberno”.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



