Ribadeo, 30 de outubro de 2015. O restaurante ribadense La Dorada del Cantábrico inicia este venres, 30 de outubro, unha nova edición das súas xornadas do marisco, que organiza cada ano nesta época e que se desenvolverán ata o 15 de novembro.
Entre as propostas que se ofrecen nestas xornadas destaca unha grellada de mariscos para dúas persoas con bogavante, navallas, lagostinos, gambón, ameixas e cigalas, por só 60 euros. Pero tamén se inclúen racións, a prezos moi asequibles, de navallas, nécoras cocidas ou á prancha, zamburiñas, mexillóns á mariñeira ou ao vapor, ameixas fritas ou á mariñeira, bovagante á prancha, cigalas, lagostinos, boi de mar e ostras. O viño recomendado é o godello Crego e Monaguillo.
Ademais das xornadas do marisco, La Dorada del Cantábrico segue ofrecendo menús do día e de fin de semana, así como unha ampla e variada carta con entrantes, peixes e carnes en diversas preparacións.
La Dorada del Cantábrico está na rúa Virxe do Camiño, número 14, da vila ribadense e as reservas de mesa poden facerse no propio restaurante ou ben chamando ao teléfono 982 129 608.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



