Santiago, 26 de outubro de 2015.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este luns que o Plan de gasificación de Galicia 2015-2020 repercute sobre tres ámbitos prioritarios para o Goberno galego: o económico, o medioambiental e o do benestar. Segundo remarcou, este acordo permitirá que en 2020 oito de cada dez galegos e un total de 63 polígonos industriais da Comunidade teñan xa acceso ao gas natural.
O mandatario galego, xunto ao presidente de Gas Natural Fenosa, Salvador Gabarró, presentou este luns este plan de actuación que recolle un investimento de 195 millóns de euros para estender a rede de gas natural en 44 novos municipios (o que beneficiará a 410.000 galegos) e 20 polígonos industriais. E que, ademais, prevé potenciar o uso do gas natural comprimido (GNC) no transporte. Isto, dixo, posibilitará que en 2020 113 concellos, un 64% máis, e 1,3 millóns de vivendas en Galicia dispoñan deste servizo.
Feijóo asegurou que desde o punto de vista económico, mellorar o acceso ao gas natural na Comunidade significa aumentar a competitividad das empresas e da industria porque a súa utilización require dun nivel moi baixo de investimento, ofrece un alto rendemento e permite obter procesos con elevada eficiencia energética. Desde o punto de vista medioambiental, engadiu, trátase dun combustible menos contaminante cuxa rede de abastecemento contribuirá á vertebración do territorio galego.
E, desde o punto de vista do benestar, o titular da Xunta destacou que favorecer o acceso a este servizo supón non só un aforro para as familias (en relación a outros combustibles máis caros como o gasóleo), senón tamén unha fonte de enerxía que mellora a habitabilidad das vivendas e a calidade de vida dos galegos e galegas. Desenvolver este Plan de gasificación de Galicia 2015-2020 que vai a acometer Gas Natural Fenosa é, polo tanto, un modo de beneficiar as familias, de impulsar o tecido industrial e de avanzar na cohesión territorial a través das infraestructuras.
44 concellos e 20 polígonos industriais máis
Segundo precisou, a extensión da rede de gas natural nos 44 municipios farase forma progresiva, de modo que en 2015 chegará aos concellos de Burela, A Estrada, Foz, Ou Grove, Noia, Pontedeume e Ribadeo. En 2016, a Arzúa, O Barco, Carballo, Cedeira, Melide, Sada, Verín e Xove. En 2017, a Boiro, A Guarda, Guitiriz, Monforte de Lemos, Muros, Porto do Son e Sarria. En 2018, o plan prevé achegar este servizo ata Bergondo, Cariño, Ortigueira, Quiroga, Rianxo e Tomiño. En 2019, a Allariz, Cabanas, Camariñas, Celanova, Chantada, A Fonsagrada, Ordes, A Rúa, Silleda e Vimianzo. E, finalmente en 2020 serán Cuntis, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Ribadavia e Valdoviño os concellos beneficiados.
No relativo aos parques empresariais, Feijóo apuntou que na provincia da Coruña serán un total de 10, pertencentes aos concellos de Bergondo, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Cambre, Carballo, As Pontes, Santa Comba, Oroso, Ribeira e Betanzos. Na provincia de Pontevedra, os polígonos industriais aos que se achegará este servizo serán os dos concellos de Lalín, Vilanova de Arousa, Cambados-Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Meaño, Tui e Salvaterra. E, no relativo á provincia de Ourense, a instalación desta infraestructura acometerase no parque empresarial de Xinzo de Limia e de Pereiro de Aguiar.
840 novos quilómetros de rede e 900 postos de traballo
En total, trátase de 840 novos quilómetros de rede de distribución de gas natural que, en 2020, sumarán máis de 4.000 km, e que xerarán 900 postos de traballo que son os que requirirá a construción das infraestructuras necesarias. Ademais, dixo, esta rede conseguirá en cinco anos máis de 370.000 puntos de fornezo entre empresas e fogares, un 50% máis dos actuais; e permitirá conseguir un aforro conxunto acumulado na factura energética de 5.400 millóns de euros, contabilizados desde que en 1998 iniciouse a planificación gasística da Comunidade.
O presidente galego destacou tamén que outro dos puntos do acordo é a aposta polos novos usos do gas natural e, por iso, o plan potenciará o uso do gas natural comprimido (GNC) nas flotas urbanas municipais de autobuses e na recolleita de residuos sólidos urbanos das sete grandes cidades galegas. Prevese, polo tanto, reforzar a rede de estacións de GNC na Comunidade, onde xa existen dúas estacións públicas e sete para flotas privadas, recordou.
Feijóo destacou que supón un paso máis na política energética da Xunta que se suma á aposta que vén facendo polo gas natural licuado (GNL) e que encaixa no compromiso do Goberno galego coa implantación dun modelo energético máis ecoeficiente e menos custoso.
En virtude deste acordo, explicou, Gas Natural Fenosa tamén garante o mantemento das infraestructuras de distribución de gas natural naqueles municipios onde xa hai este servizo, porque, recordou, o plan será costeado na súa totalidade pola empresa e a Xunta asegurarse do cumprimento dos seus obxectivos a través da creación cunha Comisión bilateral de seguimiento.
O titular da Xunta concluíu asegurando que con este plan Gas Natural Fenosa volve corroborar o seu compromiso con Galicia, e confinado en que sexa un precedente a seguir noutros sectores nos que esta empresa e a Comunidade teñen seladas alianzas de futuro.


















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



