Lugo, 20 de outubro de 2015.- A señora ministra de Agricultura de España ven de verse obrigada a mudar os criterios para determinar os produtores obxectivo das axudas destinadas a compensar as dificultades económicas nos sector lácteo, de acordo con o Real decreto 849/2015.
Segundo o estabelecido no mesmo “para determinar os produtores obxectivo da axuda empregaranse os dados de rendibilidade mais recentes de acordo cos Boletíns de análise e beneficios e custes de produción que elabora o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente relativos ás tres granxas típicas de vacún de leite da Rede Nacional de Granxas Típicas (RENGRATI).”
De acordo co Boletín nº 20 do RENGRATI, último dispoñíbel, correspondente ao 2º cuatrimestre de 2014, 3º cuadrimestre de 2014 e 1º cuadrimestre de 2015, no que se analizan os resultados económicos de 50 granxas de Castela-León, 38 de Galiza e 64 de Andalucía, a partir dos que se elaboran unha serie de índices e se estabelecen tres granxas tipo unha para Castela-León, outra para Galiza e outra para Andalucía, chegase ás seguintes conclusións: Que as granxas con dereito a cobrar a axuda de 300€ por vaca en Castela-León terían de cobrar por baixo de 0,237€/Kg, na Galiza 0,245€/Kg e en Andalucía 0,315, si se collera a media das tres granxas tipo o prezo sería de 0,2656€/Kg. Para o caso da axuda dos 110€/vaca as granxas terían de cobra por baixo de 0,263€/Kg no caso das de Castela-León, 0,270€/Kg nas de Galiza e 0,340€ nas de Andalucía e a media é de 0,291€/Kg.
Con estes dados resultaba que todas as granxas galegas que cobraran por riba de 0,245 ficaban excluídas da axuda dos 300€ cando todas as andaluzas terían dereito a cobrala até chegar aos 0,315.
Isto provocou unha grande reacción social e política na Galiza, así a FRUGA e outras organizacións agrarias denunciamos o trato discriminatorio que ían recibir as nosas granxas, máis tamén organizacións políticas como o BNG trasladou este trato discriminatorio coa Galiza ao Parlamento español, onde a señora ministra chegoulle a dicir á parlamentaria galega que estaba a mentir.
Posteriormente e debido á reacción que se xerou na Galiza o Ministerio viuse obrigado a rectificar a tirar unha nota na que especificaba que terían dereito a cobrar a axuda de 300€ todas as granxas que cobraran por baixo de 0,259€/Kg, e de 0,285€/kg para poder cobrar os 110€, que non se corresponden con ningunha das cifras obtidas no estudo da RENGRATI.
Esta decisión adoptada desde o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente só pode ser atribuída ao grande barullo que se montou na Galiza perante o trato discriminatorio que estabamos a recibir por parte de Madrid, e agora para intentar enmascarar unha primeira decisión a todas luces inxusta, porque hai que lembrar que as granxas galegas son as que cobran os prezos mais baixos de todo o Estado español, saen con esta rectificación e mesmo intentando “vendernos a moto” de que agora Galiza vai obter o 80% das axudas. Loxicamente ten que ser así polo dito anteriormente, porque somos e seguimos a ser quen peor cobra o leite de todo o Estado e mesmo de todas as zonas produtoras da UE.
De todos os xeitos desde a FRUGA queremos dicir que as mobilizacións dos meses do verao até setembro non foran para conseguir unhas axudas, que son pan para hoxe e fame para mañá, senón que foron e seguiran a ser para conseguir condicións dignas para poder vivir da nosa profesións, a produción de leite.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



