Burela, 6 de outubro de 2015.- Mujeres en Igualdad Burela convoca a todos os veciños diante do Concello de Burela, este mércores 7 ás 12:00 do mediodia, para asistir a unha concentracion en sinal de repulsa e onde se gardarán 3 minutos de silencio, en memoria das tres mulleres asasinadas este luns vítimas de violencia de xénero, nas poboacións de Vigo, Beniel (Murcia) e Erandio (Biscaia).
Unha cuarta muller foi tamén acoitelada este luns en Morales del Vino (Zamora) polo seu ex marido, e atópase actualmente en estado moi grave.
33 son as mulleres que morreron vítimas de violencia de xénero no que vai de ano, aínda que a Delegación de Goberno mantén outros 6 casos de mulleres asasinadas en investigación. De confirmarse estes 6 casos, o número de mulleres Vítimas de violencia de Xénero asasinadas en 2015 elevaríase a 38 mulleres mortas.
Xa abonda!!
Nin unha máis!
Tolerancia cero!
Acode mañá, a Violencia de Xénero é cousa de todos!





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



