Burela, 15 de outubro de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén defenderá este venres a primeira praza de Autonómica Cadete en terras coruñesas (19.15 horas), fronte a un rival directo, o Colexio Liceo, na segunda posición, con dous puntos menos ca os laranxas. Ás 20.30 horas, tamén se enfrontarán herculinos e mariñáns en galega infantil.
Os burelistas chegan á quinta xornada con 12 puntos, tras impoñerse ao Parrulo FS (1-3), Lugo Sala (2-0), Pecheches (1-11) e O Carballiño (8-1). Pola súa banda, os coruñeses teñen na súa cuadrícula tres triunfos (Vigo 2015 6-2, Narón Futsal 1-4 e Ancora D’Ouro 3-4) e un empate (Santiago Futsal 3-3).
Baixo as directrices de Christian Fustes, en 2015-16 o conxunto cadete está composto por Luismi Nieto, José Luis Sáez, Domingos Xavier Pinto, Sergio Rivas, Adilson de Jesús Varela, Luka Eijo, Néstor Valle, Alberto Quelle, Edmilson Monteiro, Manuel Martínez, Aarón Artime e Jairo Ares.