Foz, 30 de outubro de 2015. O Centro Comercial Aberto de Foz repartirá entre a súa clientela 4.400 euros durante o vindeiro mes de novembro.
O día 6 dará comezo unha nova edición do Campañazo na que participan 66 firmas comerciais asociadas, ás que poden acudir focenses e visitantes a conseguir os seus cartóns. Desde a directiva do CCA de Foz lembran que “o sorteo, que da comezo ás once da noite, hai que seguilo nalgún dos 19 locais hostaleiros que participan con nós nesta consolidada cita e hai que apurarse a chamar a Radio Foz si alguén canta cartón. O primeiro levará 300 euros e teremos outros 300 euros para repartir entre o resto dos cartóns premiados”. José Carlos Paleo engade que “falamos de euros en vales de compra para consumir nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto”.
O Campañazo terá lugar os días 6, 13, 20 e 27 de novembro. Cada noite poranse en xogo 600 euros, o que fai un total de 2.400 euros en premios.
O Centro Comercial Aberto de Foz, está a participar na campaña de Nadal de A Mariña Federación, na que sorteará outros 2.000 euros entre os clientes que estean as facer as súas compras no comercio asociado ata o vindeiro 30 de novembro. O día 1 de decembro nun acto, que se celebrará ante notario, coñecerase o número da papeleta gañadora. A directiva do CCA lembra que “é moi importante que todas aquelas persoas que están a comprar no noso comercio desde o 15 de outubro ata finais de novembro garden as súas papeletas para despois comprobar si resultaron premiados. O 1 de decembro a través das redes sociais publicaremos o número gañador e tamén a través dos medios de comunicación”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



