Lugo, 06 de outubro de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, evidenciou este martes con datos que o Goberno do Partido Popular na administración provincial avanza no logro dun equilibrio territorial á hora de realizar o reparto das axudas públicas. “En 2015 todos os concellos da provincia recibirán axudas da Deputación de Lugo, algo que non se estaba a dar ata agora”, matiza.
Candia fixo estas declaracións tras a celebración da Xunta de Goberno Extraordinaria celebrada esta mañá na que se aprobaron convenios con concellos “fortemente castigados polo PSOE na Deputación de Lugo”. Así, “dende o 24 de xuño de 2015 mudamos a anterior práctica dos socialistas e guiámonos por unha política de igualdade dos cidadáns, mantendo á marxe a cor política dos gobernos dos Concellos, e centrándonos en atender ás necesidades dos cidadáns e non ás estratexias políticas dos partidos”.
Os datos corroboran as afirmacións da presidenta sobre a asignación de axudas que “carecen de todo tipo de carácter discriminatorio”. Trala celebración da Xunta de Goberno de hoxe, os concellos do Partido Popular (33 dos 67 da provincia), recibirán transferencias no ano 2015 por importe total de 2.942.569,15 euros. Pola súa banda, os 34 municipios nos que gobernan outros partidos políticos distintos aos desta corporación de goberno recibirán neste ano transferencias por un importe superior de 3.412.019,85 euros.
Besteiro converteu a Deputación nun instrumento de desequilibrio entre municipios e de utilización partidista
Candia remarcou que “unha Deputación que respectase os dereitos fundamentais de igualdade dos veciños da provincia, non tería en conta a cor política dos municipios onde viven, senón as súas necesidades básicas”. Porén, coa chegada ao Goberno do PP, os datos económicos que obran na contabilidade provincial “e que nos deixou Besteiro evidencian unha realidade moi afastada desta esixencia propia dunha sociedade democrática”. Tanto é así que entre o 1 de xaneiro e o 23 de xuño de 2015, a Deputación cos socialistas outorgou axudas a concellos da provincia por un importe de 3.596.936,58 euros. “Esta distribución foi claramente discriminatoria xa que 28 concellos da provincia, dos que 26 estaban gobernados polo PP, non recibiran ningún tipo de axuda por parte Deputación Provincial”, explicou a popular.
É dicir, durante os primeiros seis meses do ano “os socialistas con Besteiro introduciron de xeito evidentemente arbitrario un criterio antixurídico de asignación de gasto público”, que produciu unha situación de desigualdade “que debíamos considerar necesariamente nos ulteriores actos de asignación, para corrixir esta situación indesexable e froito da arbitrariedade”. Ademais, esta situación lévase dando nos últimos oito anos e, como dato exemplificador, Candia citou que “na última lexislatura repartiron entre concellos afíns o 93% dos fondos concedidos de xeito excepcional”.
Garantir equilibrio na asignación de fondos no 2015
Polo tanto, a actuación do Goberno provincial pretende “poñer punto e final a un xeito arbitrario de asignación do gasto público, reequilibrando a asignación dentro do ano 2015, facendo borrón e conta nova dos oito anos anteriores, e constituíndo un claro mandato para que, no sucesivo, a asignación dos recursos públicos, que son de todos, repercutan a todos por igual”.
En concreto, na Xunta de Goberno de hoxe aprobáronse convenios con 21 concellos, que suporán durante esta anualidade un importe por parte da Deputación de 1.186.006,26 euros. Unha cifra que unida aos sete convenios do 25 de setembro e ao aprobado por Decreto de Presidencia, suman 1.479.522,20 euros. E, neste senso, hai que ter en conta que os socialistas non están lexitimados para dar leccións, tendo en conta que eles mesmos en dúas xuntas de goberno, no mes de maio, é dicir á porta das eleccións, aprobaron convenios por un importe superior aos 2 millóns de euros, “un manifesto castigo a moitos concellos da provincia, a diferenza de nós”.
Un Goberno receptivo
Dende o Goberno provincial estase a recibir a todos os alcaldes, excepto os que non quixeron vir, como foi o caso da alcaldesa de Lugo, ao igual que os eventos que solicitaron axuda económica tamén recibiron colaboración por parte da Deputación. Como mostra deste compromiso de traballo, a presidenta da Deputación tamén asinou hoxe tras a celebración da Xunta de Goberno, outros convenios con diferentes concellos (Samos, Guitiriz, Ribas de Ril, Abadín, Sober…) e asociacións, para que a Deputación colabore en actividades de interese no seu municipio. Ademais, tamén se aprobaron addendas de ampliacións de prazo para que os concellos podan cumprir cos prazos de xustificación e non perdan a súa subvención. Trátanse dun total de 20 concellos os que asinaron hoxe coa presidenta convenios reguladores de subvencións nominativas ou addendas a convenios.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



