Viveiro, 2 de outubro de 2015. Desenvolver un proceso participativo na elaboración a Estratexia de Desenvolvemento da Zona Pesqueira (EDLP), é algo prioritario para o Grupo de Acción Costeira A Mariña Ortegal. Integrar a opinión dos axentes e entidades do territorio é de vital importancia á hora de definir o futuro da zona pesqueira.
A definición de retos e obxectivos para o desenvolvemento sostible da zona é a principal motivación pola cal se realizan as mesas sectoriais de traballo. A primeira reunión das mesas terá lugar o día 7 de outubro a partir das 17:00 horas no Salón de Actos da Confraría de pescadores de Celeiro. A segunda reunión celebrarase o día 21 deste mes na Fundación Ortegalia, na localidade coruñesa de Ortigueira. Prevese a realización de tres mesas que aborden as áreas de desenvolvemento pesqueiro, desenvolvemento económico, especialmente do turismo, e unha sobre o aproveitamento e posta en valor dos recursos naturais e o patrimonio cultural da zona costeira.
A maiores, o proceso de elaboración da EDLP, tentará reforzar a participación de entidades e persoal técnico de confrarías e municipios, mediante a constitución da Comisión de Seguimento e a Comisión Técnica, co fin de vertebrar as actuacións que se vaian a desenvolver no territorio, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Prevese que o proceso de elaboración da estratexia se peche o día 4 de novembro coa realización dun Foro Final en Celeiro.
A participación nestes espazos é aberta, dirixíndose principalmente ás entidades do sector pesqueiro, institucións locais, organizacións e entidades sociais de carácter público e privado, así como á cidadanía en xeral. A elaboración da Estratexia é de vital importancia para o futuro desenvolvemento da nosa zona pesqueira, polo que a participación da cidadanía neste proceso é de gran relevancia.
Sobre a candidatura a Grupos de Acción Local de Pesca
A Consellería do Medio Rural e do Mar, publicou no Diario Oficial de Galicia do 16 de abril, a Orde da convocatoria de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 en Galicia.
O GAC A Mariña Ortegal foi seleccionado como candidato a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro, para o vindeiro período de programación 2014-2020, do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, en virtude do acordo adoptado pola Consellería do Medio Rural e do Mar con data de 31 de xullo de 2014. Na actualidade son sete os Grupos de Acción Costeira, que foron seleccionados para converterse en GALP.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



