As actuacións do alcalde de Ribadeo relacionadas coa nova residencia de anciáns están movidas, segundo denuncia e acusa o PP de Ribadeo nunha nota de prensa do 16 de outubro do presente ano, por un claro interese político. Con esta absurda afirmación, tantas veces repetida que xa cheira a naftalina, refírese o PP a reclamación dos 500.000 euros promovida pola Comisión pro Residencia, presidida polo alcalde de Ribadeo, en favor da construción da nova residencia de anciáns. Acusación que o PP utiliza tamén noutras moitas actuacións similares. Parece ser que é esta a única forma de facer oposición que coñece o PP: acusar constantmente o alcalde de facer política con calquera cousa que se consigue para Ribadeo.
A primeira conclusión á que se chega ó ler esta frase do PP é que os seus representantes confunden os conceptos “interese político” e “interese partidista”. Lagoa ben lamentable en persoas que, ó presentarse ás eleccións, ofrécense a ostentar a representación do pobo e a exercer a política de servizo ós cidadáns.
O adxectivo “político”, na súa acepción etimolóxica derivada do grego, – “polítes”, home da polis, cidadán – significa a arte de gobernar ós pobos, e refírese, por tanto, a todo o concernente ós cidadáns. “Política” é, así pois, a arte de gobernar ós pobos. E segundo esta acepción, tódalas actuacións, tanto as dos xestores como as dos cidadáns, son xa que logo actuacións políticas. Así logo, e segundo esta definición, non cabe máis que felicitarnos de que as actuacións do alcalde de Ribadeo estean movidas por un profundo interese político. Como non debería ser doutra forma nun personaxe público, sobre todo nun alcalde adicado ós seus cidadáns.
O adxectivo “partidista”, pola contra, fai referencia a tódalas actuacións que se atribúen e que pertencen ou se relacionan con un partido. Xusto o mesmo que están a facer aqueles que, como o PP de Ribadeo, atribúen ó seu partido todo o que supoña un beneficio para o concello de Ribadeo.
Neste caos mental no que viven, sen dúbida confunde o PP de Ribadeo o concepto de “político” co de “partidista”. Porque este último é, certamente, o comportamento que o PP vén demostrando nas súas actuacións de oposición: interese partidista. E dicir, aproveitar todo o bo que se fai en Ribadeo, para un posible beneficio partidista do PP. Nesa dirección van tódalas súas posturas e actuacións relacionadas cos problemas do noso concello. Non outra cousa fan, por exemplo, ó atribuír ó seu partido a decisión de ENCE de elixir o porto de Ribadeo, no canto do de Avilés, pra a evacuación das súas mercadorías. Ignoran que esta decisión da empresa ENCE non foi máis que unha pura estrategia da devandita empresa para conseguir de Portos de Galicia unha gran rebaixa de taxas. E non outra cousa pretende o PP, tampouco, ó negarse a asinar o documento proposto pola Comisión pro Residencia pra reclamar os 500.000 euros que a Consellería de Política Social da Xunta ten pendentes de achegar para a residencia de anciáns. E ese é o seu comportamento con todo o que se move en Ribadeo: acusar ó alcalde de manobra partidista, e atribuír todo o que se consegue ó seu partido, o PP.
E están tan obcecados na súa postura de tentar desgastar ós seus rivais políticos que non se dan conta de que, en todo caso, os méritos que se poidan acadar da consecución dunha residencia pra Ribadeo non son exclusivos do alcalde, senón de toda a Comisión que levou este tema en conxunto, aínda que fose imprescindible o apoio do alcalde, que foi total, como principal responsable da xestión municipal.



















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



