Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2015.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego e nomea novas conselleiras e conselleiros.
Presidencia: Alberto Núñez Feijóo
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Alfonso Rueda Valenzuela
Consellería de Facenda: Valeriano Martínez García
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Beatriz Mato Otero
Consellería de Infraestruturas e Vivenda: Ethel Vázquez Mourelle
Consellería de Economía, Emprego e Industria: Francisco Conde López
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Román Rodríguez González
Consellería de Sanidade: Jesús Vázquez Almuíña
Consellería de Política Social: José Manuel Rey Varela
Consellería do Medio Rural: Ángeles Vázquez Mejuto
Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo
A renovación na Xunta supón un novo impulso social, económico e territorial para abordar o novo contexto de crecemento.
Ademais da aposta polos servizos públicos, refórzanse os ámbitos rural e marítimo para que a recuperación poida chegar a todos os sectores e ámbitos poboacionais; así como o medio ambiente e a ordenación do territorio para que esta sexa sostible. Así mesmo, lígase o emprego á promoción económica e á innovación industrial.
A remodelación supón unha maior presenza do ámbito social no Goberno coa creación dunha Consellería de Política Social, na que estará ao fronte José Manuel Rey Varela. Así mesmo, Jesús Vázquez Almuíña será o novo conselleiro de Sanidade.
Por outra banda, esta remodelación supón redobrar esforzos no sector primario. Ángeles Vázquez Mejuto será conselleira do Medio Rural e Rosa Quintana Carballo a conselleira do Mar.
Este cambio de Goberno tamén reforza o ámbito da ordenación do territorio coa creación dunha Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que estará ocupada por Beatriz Mato Otero.
O impulso desta renovación é tamén económico. Créase a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, na que será conselleira Ethel Vázquez e as competencias de traballo pasan a formar parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria con Francisco Conde como conselleiro.
Os novos membros do Goberno tomarán posesión do cargo este luns 5 de outubro no Pazo de Raxoi ás 09.30 horas.
JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA
Jesús Vázquez Almuíña naceu en Baiona en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid e ten un Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.
É alcalde de Baiona desde 2004 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003.
Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente do Hospital Meixoeiro de Vigo; e médico do Servizo de Admisión do mesmo hospital. Con anterioridade, foi coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias. Tamén exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.
JOSÉ MANUEL REY VARELA
José Manuel Rey Varela naceu en Ferrol en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e especialista en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School.
Actualmente, é presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e concelleiro no Concello de Ferrol.
Entre os anos 2011 e 2015, exerceu como alcalde de Ferrol, municipio no que é edil desde 2002 e onde tamén foi concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude entre 2003 e 2007. Tamén foi deputado provincial en A Coruña entre os anos 2007 e 2011. Así mesmo, foi presidente do Consello da Xuventude de Ferrol e de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.
ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO
Ángeles Vázquez Mejuto naceu en Melide en 1972. Acadou a Licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e cultura.
É alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata a actualidade, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007.
No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de comunicación. Tamén foi deputada provincial en A Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia. Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



