Cervo, 23 de outubro de 2015.- Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo, sorprendidos ante o expediente de depuración iniciado polo goberno municipal para renunciar a 603.484,31 euros que se corresponden con dereitos recoñecidos pendientes de ingreso de exercicios cerrados, aseguran que “isto non pode quedar así, os veciños non podemos perder esta cantidade de diñeiro público a consecuencia da pasividade e falta de xestión do Partido Popular”.
Ademais, os socialistas non dan crédito á xustificación do alcalde, Alfonso Villares, “¿cómo que non supoñen menoscabo de nada? É unha cantidade que comparada cos presupostos anuais suporía nada máis e nada menos que o 12% de todos os ingresos. A nós parécenos máis ca importante”.
Ante esta situación, dende o GMS subliñan que “non podemos consentir que os cervenses teñamos que renunciar a máis de 600.000 euros pola pobre e deficiente xestión deste goberno do PP. Por non facer realmente o que debería facer”.
Por todo, piden “unha explicación clara e convincente e non nos vale a excusa de sempre, non vale que nos contesten lembrando a herdanza recibida. Os dereitos aos que pretenden renunciar con este expediente corresponden concretamente aos anos 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002. Dos cinco, estiveron eles mesmos no goberno catro e xa suman 16 de xestión ininterrumpida. Algo máis poderían ter feito en todo este tempo para non chegar a esta situación, non si?”.
Á espera da explicación oportuna do goberno, os compoñentes do GMS remataron augurando que “se non teñen boa memoria, a ben seguro, que un bon porcentaxe destes dereitos que están a dar por perdidos teñen boa relación coa segregación dos concellos de Cervo e Burela, son dereitos aos que se renunciou xa daquela en beneficio da Xunta de Galicia e detrimento dos nosos veciños”.