Foz, 23 de outubro de 2015.- O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregou este venres en Foz un novo vehículo a Policía Local, que ocupará o lugar doutro antigo e que financia enteiramente o departamento autonómico. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, aproveitou a ocasión para agradecer a Rueda a súa presenza en Foz e ao equipo da Policía Local por un traballo que cualifica de “excelente”.
“No día de hoxe agradecemos, por suposto, a presenza do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e, sobre todo, a boa nova que o trae hoxe aquí para visitar este concello mariñán, que non é outra que a entrega dun novo vehículo á nosa Policía Local. Concretamente é un Citröen Cactus, que substituirá a un dos dous vehículos existentes, xa antigo, e que pasará formar parte da flota do equipo de obras. A nosa Policía Local ten tamén de dúas motos, polo que dispón dun equipamento interesante”, manifestou Javier Castiñeira.
O rexedor aproveitou para “agradecer o traballo policial dos nosos compañeiros, que fan un excelente labor. A día de hoxe teñen un membro menos no equipo, dadas circunstancias laborais dun deles, e con sete axentes e un cabo están facendo un labor marabilloso, sobre todo en época estival, polo verán, con multitude de actividades e cortes de tráfico e, sobre todo, co triplo de poboación que no inverno. E ademais de todo isto, e proba é que hoxe facemos a entrega do novo vehículo no Parque de Educación Viaria de Foz, ese esforzo extra que fai a Policía Local de Foz no que é a educación viaria cos nosos rapaces, con multitude de colaboracións que se fan con colexios mariñáns que usan este Parque de Educación Viaria para que os rapaces de toda A Mariña teñan o seu primeiro contacto co tráfico e coa condución de pequenos vehículos a motor e con esas clases que dan os axentes, que son a maiores do que poden facer noutros municipios. Polo tanto, parabéns e moitas grazas novamente á Xunta de Galicia, ao vicepresidente e á Consellería de Presidencia, que financia totalmente este vehículo que vai ser moi interesante para a nosa Policía Local”.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



