O Clube Atletismo Lourenzá lograba 5 trofeos na “Subida a Comado” onde participaba cunha gran representación tanto na categoría masculina coma feminina e nas probas dos 21 km coma dos 4,5 km e 1/2km vertical.
As mulleres conseguían 3 trofeos na carreira curta: Marisa Ares entraba primeira en meta da xeral adxudicándose tamén o primeiro posto como veterana A. E a súa compañeira, Begoña Iglesias, atravesaba tamén a liña no segundo posto entre as veteranas A. Cabe destacar tamén a actuación de Karina Álvarez na súa primeira proba de montaña.
Na mesma proba, pero na categoría masculina, participaban: Rubén García, Luis Graña, Mohamed Bouyzar e Jose Gavín.
Pola súa banda, na proba dos 21km Marcos Rodríguez conseguía outro trofeo para o club; xa que entrando cuarto da xeral, convertíase no segundo veterano A en entrar en meta. E, igualmente, Loli Rodríguez tamén entraba segunda entre as mulleres e acadaba o segundo posto como veterana A obtendo 2 trofeos máis. Pachi, igual que os compañeiros da proba anterior que non subiron ó podio, asinaron unha gran carreira; xa que esta non é a especialidade do clube que raras veces acude a carreiras de monte, dedicándose máis activamente ó asfalto.
Así, o club felicita ós organizadores desta SUBIDA A COMADO “na que se puido comprobar a cada paso o enorme traballo feito. Cando algo gusta é fácil que salga ben.”
Begoña Torrego, en Valladolid
Begoña Torrego tamén participaba este domingo 10 de outubro na Carreira Popular Nocturna de Olmedo (Valladolid) levando o nome do club de atletismo a terras castelás.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
