Cines Viveiro proxectará entre o venres 23 e o martes 27 de outubro “Hotel Transilvania 2” (TP), “Marte (The Martian) (NR-7)” e “Mi gran noche” (NR-12). A primeira proxectarase o venres, sábado e domingo ás 20.30 e ás 22.45 horas; aínda que durante a fin de semana tamén haberá sesión ás 17.30 horas. O luns e o martes o seu horario será ás 19.30 e ás 22.15 horas. “Marte (The Martian)” proxectarase os tres primeiros días ás 20.00 e ás 22.30 horas e ás 17.30 horas tamén o sábado e o domingo. O horario das proxeccións do luns e o martes será as 19.30 e as 22.00 horas. E a última comparte horarios coa primeira a excepción da sesión de tarde do sábado e domingo que será ás 18.00 horas en lugar das 17.30. O luns o prezo da entrada é de 4,50 euros e os martes, “familcine” por 4 euros.





















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



