Lugo, 22 de outubro de 2015.- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, reuniuse este xoves pola mañá, na sede da Subdelegación, cos diferentes responsables da Administración periférica do Estado na provincia para ter coñecemento da evolución das accións que se están a desenvolver dende cada un dos entes estatais.
Esta xuntanza enmárcase dentro da denominada Comisión de asistencia ao subdelegado, que pretende dar unha maior cohesión e coordinación ás medidas que o Goberno do Estado está executando, ou prevé executar no futuro, en Lugo.
De carácter informativo, esta Comisión pretende afondar no traballo en equipo, na valorización de ideas e na interconexión de pareceres e comprobar os obxectivos acadados, co gallo de evitar disfuncións da Administración e coa finalidade de seguir traballando nun mellor servizo prestado aos cidadáns da provincia.
Neste encontro estiveron o subdelegado do Goberno; o secretario xeral da Subdelegación; o xefe da dependencia de Traballo e Inmigración; a xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller; a directora provincial do INSS; o capitán marítimo de Burela; o director do centro penitenciario de Monterroso; a directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal; o xefe da Unidade de Carreteras; a delegada da AEAT en Lugo; o delegado provincial de Economía e Facenda; a delegada provincial de MUFACE; a xefa provincial de Tráfico; o xefe do servizo provincial de Costas; o xefe da Unidade de Agricultura e Pesca; o responsable provincial da CHMS; a xefa da unidade provincial de Fogasa; e o xefe provincial de Telecomunicacións; ademais do subdirector do Cetal e o xerente de Tragsa en Lugo.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



