Lugo 23 de outubro de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, traslada de novo ao pleno da Deputación de Lugo a proposta de que a administración provincial asuma de xeito gratuíto a xestión e recadación dos tributos municipais. Candia defende a necesidade de que esta iniciativa sexa atendida pola Deputación, xa que supoñería unha inxección de liquidez a todos os concellos da provincia de 1,6 millóns de euros anuais.
Os populares rexistraron esta moción para o seu debate no próximo pleno que celebre a corporación provincial. Dun xeito máis concreto, a popular explica que esta iniciativa ten por obxecto a modificación das bases que rexen a delegación de competencias en materia de xestión, inspección e recadación coa principal finalidade de que a Deputación preste este servizo aos concellos, sen que estes teñan que ofrecer compensación económica algunha á entidade provincial. Ata agora, a administración lucense percibe polo desempeño destas funcións o 3% dos xuros recadados en período voluntario e o 75% da recarga no período executivo precedente.
Bloqueo da proposta por socialistas e nacionalistas
Candia lembra que o anterior Goberno popular na Deputación levou a pleno a proposta de modificación destas bases, cos informes oportunos que avalaban a iniciativa, pero “socialistas e nacionalistas centrados só no seus intereses políticos bloquearon este procedemento e impediron co seu voto en contra que a Deputación prestase este servizo a custe cero para os municipios”.
Porén, a voceira dos populares asegura que, “conscientes da importancia desta iniciativa, queremos impulsar de novo esta proposta a través dos medios dos que dispoñemos, por crer na necesidade de que se leve a cabo, xa que sería un importante pulo para todos os concellos da provincia”. “Tanto dende o Goberno como dende a oposición, a nosa máxima é a de colaborar cos concellos e levar a cabo iniciativas que repercutan de xeito beneficioso neles”, engade.
Candia consideraría “inadmisible” que de novo socialistas e nacionalistas “volvesen a dar as costas a todos os concellos da provincia”, polo que “agardamos que desta vez atendan á petición do Grupo Popular e leven a cabo os procedementos oportunos que permitan que esta modificación xurda efectos a un de xaneiro de 2016”. A maiores, a iniciativa dos populares tamén implica que se dea unha maior facilitade aos concellos e deste xeito podan delegar na Deputación calquera das súas competencias en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación dos tributos, e dos restantes ingresos de Dereito público que a lei lles atribúe.
Unha iniciativa que redunda no beneficio de todos os concellos da provincia
A voceira dos populares reiterou que esta iniciativa redunda no beneficio de “todos e cada un dos concellos desta provincia, e implicaría unha inxección de liquidez que supera o 1,6 millóns de euros, e que posibilitaría aos concellos asumir as inversións necesarias para atender a todos os seus veciños”. En concreto, Candia citou casos concretos como o de Sarria, no que “estaríamos a falar duns ingresos engadidos de 104.013,86 euros” ou no de Ribadeo, de 91.868,28 euros; no de Vilalba de 104.013,86 euros; en Guitiriz, de 46.482,50 ou en Burela de 32.748,70 euros.
Traballo continuo centrado nos veciños
A voceira dos populares lamentou tamén a parálise total na que o PSOE e o BNG manteñen á Deputación froito das “súas loitas internas que a día de hoxe lles impediron constituír Goberno e os levou a ir retrasando a data que anunciaban”. Esta circunstancia evidencia con “rotundidade que ao PSOE e ao BNG o que menos lle importan son os lucenses e o bo funcionamento da Deputación”.
Mentres, dende o Grupo Provincial do Partido Popular, “no Goberno ou na oposición, proseguimos co intenso traballo que prometemos centrados na defensa dos intereses dos veciños e na loita para que a Deputación de Lugo cumpra coas súas funcións de cooperar e colaborar con todos os concellos da provincia”, explica Candia. Un feito que se “volve a demostrar de novo, xa que mentres nin tan sequera teñen constituído o Goberno, nos a través dos medios dos que dispoñemos e das canles que nos permiten, estamos a asumir as nosas responsabilidades e a canalizar as demandas tanto dos lucenses como dos concellos”, conclúe a popular.



















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



