Bruxelas, 20 de outubro de 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, accedeu este martes á mañá por segunda vez á sala de documentación confidencial da Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión (ACTI), tratado de liberalización comercial máis coñecido pola súas siglas en inglés, TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership).
En consonancia ca sensación desprendida da primeira consulta, realizada o pasado mes de xuño, a selección de documentos a disposición das eurodeputadas/os “pon de manifesto que realmente as cousas importantes non están nesta sala”, valorou a eurodeputada galega. A grandes rasgos, podemos concluír que a documentación revisada hoxe “non permite saber exactamente en que punto están as negociacións e que se está a debater en materia de agricultura”, constituíndo “unha mostra máis das graves eivas en materia de democracia das que adoece esta Unión Europea”.
A eurodeputada galega apuntou a posibilidade de que este pronunciado escurantismo na documentación referida a agricultura se deba precisamente a que “hai moito en xogo: a alimentación, o principio de precaución, os postos de traballo directos e indirectos e, en definitiva, todo o que conleva a actividade agraria a nivel da UE e dos EEUU”.
En relación ao avance das políticas de liberalización comercial e a destrución de políticas públicas en eidos como o agrícola, Lídia Senra aproveitou tamén para destacar a “fonda preocupación” en canto ao feito de que se estean a retomar as negociacións de acordos de liberalización comercial no marco da Organización Mundial do Comercio (OMC), como así confirman a propia OMC e o Parlamento Europeo.
Estas negociacións ficaron practicamente paradas no ano 2006, logo de fortísimas mobilizacións por parte dos movementos sociais, entre os que cabe salientar o movemento agrario global La Vía Campesina Internacional, que exerceu unha forte oposición á inclusión da agricultura e a alimentación na OMC.
Aliás, dita sinerxia de reactivación da Organización Mundial do Comercio, apunta Senra, podería gardar relación directa ca forte oposición que a cidadanía está a manifestar contra o TTIP, de tal xeito que se estea a pretender “retomar” a estratexia dunha organización global que pilote a liberalización comercial a escala planetaria.
Ademais, córrese o risco de que os tratados bilateriais e multilaterais asinados dende a paralización da Ronda de Doha no ano 2006 sexan insertados na OMC, conlevando a fixación das cotas de poder acadadas polas empresas transnacionais ao abeiro das políticas socioeconómicas neoliberais impulsadas na década dos 80 polo denominado Consenso de Washintgon.
Dende AGEe valoramos que “hai que poñer o foco de novo na OMC e seguir avanzando na oposición a este tipo de acordos, chámese OMC, chámese TTIP, CETA ou TISA”, xa que “trátase de acordos e ferramentas capitalistas neoliberais para favorecer os intereses das grandes corporacións en detrimento da cidadanía e da sociedade en calquera parte do mundo”.
Recuperamos, xa que logo, a consigna do ano 2006 “A agricultura e a alimentación fóra da OMC”, e reiteramos “A agricultura e a alimentación fóra da OMC, fóra dos tratados de liberalización comercial, e baixo o control dos pobos no marco da soberanía alimentaria”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



