Lorena Seivane García e María Teresa Rego Cabanas- Por qué a centos e centos de fogares veciños está a chegar estes días unha notificación da Axencia Tributaria que di tal que así “De conformidad con lo dispuesto en el apartado 8 de la disposición… de la Ley del Catastro Inmobiliario … y con motivo de la tramitación del procedimiento de Regularización Catastral … se emite la siguiente liquidación de la tasa … correspondiente a los inmuebles que se indican. Total a ingresar: nº de inmuebles x 60 €”?
Estamos a padecer un procedemento de regularización aberto de oficio polo Ministerio de Facenda ao abeiro da Lei 16/2012, de 27 de decembro, Lei que moitos calificaron de inxusta, xa que non deberían ser obxecto de prezo público aquelas actividades que non afectan á utilización do dominio público, que tampouco están orixinadas por un servizo nin por unha actividade que beneficie de modo particular aos requiridos e que, nin moito menos, se produce por solicitude de contribuíntes.
Os afectados por esta decisión do Goberno do Estado son por unha banda as persoas que realizaron modificacións en parte da estrutura dos seus inmóbeis e por outra as que posúen construcións anexas a súas vivendas. Así no primeiro caso están incluídas propiedades nas se produciron novas construcións, ampliacións, rehabilitacións, reformas, ou modificacións de uso ou destino o que significa na maior parte dos casos un incremento do valor catastral nun 200 e 300 por cento, valoración sobre a que se aplicarán os tipos de gravame nos diversos impostos e de xeito especial o IBI, e non só no futuro senón tamén, con efectos retroactivos, nos catro anos anteriores. No segundo estanse a referir as edificacións anexas á casa como antigas cortes, galiñeiros, bodegas, palleiras ou garaxes que independentemente de que experimentasen reformas ou non ou cambios de uso , que pasan a ter a consideración de inmóbel urbano residencial co que se aumenta dun xeito importante a superficie dun ben inmóbel e se aumenta o seu valor catastral arredor dun 300 por cento.
A inxustiza desta decisión é obvia. Este procedemento inicuo grava por igual a persoas que perciben diferentes ingresos, discrimina ás persoas que residen no rural ou nas vilas e penaliza a dispersión territorial. Dispersión que en Galiza é manifesta, sendo o territorio do estado con máis núcleos de poboación.
Unha primeira mostra da discriminación dos ámbitos rurais e vilegos fronte aos urbanos atopámolo no feito de que dos 93 concellos da provincia de A Coruña, o catastrazo execútase en 53, dos 67 de Lugo, en 54, dos 92 de Ourense, en 46 e dos 62 de Pontevedra, en 33 ficando excluídos concellos como Oleiros, Sanxenxo ou cidades como Ourense, A Coruña, Lugo e Santiago. Semella con isto que só se pretende regularizar os incrementos de superficie producidos nas vivendas dalgunhas áreas e esquecer aqueloutras nas que esta tamén se ampliou pero con cousas máis chic como piscinas, canchas de tenis, merendeiros, grellas ou terrazas cubertas. Curiosamente os Concellos afectados por esta decisión correspóndense con aqueles con menos renda per cápita de Galiza e tamén cos que a súa actividade económica é menor.
Pero por sorprendente que pareza esta decisón non é a única que teremos que padecer @s veciñ@s de Foz. O pasado 28 de setembro facíase pública a lista dos Concellos do Estado nos que o Ministerio de Facenda vai proceder a unha revisión catastral, aparecendo Foz , que mantén os mesmos valores catastrais desde 1981. Pero, quen decidiu facer isto agora? Os gobernos locais. E, cando se executará? O vindeiro ano.
Qué significará para nós esta revisión catastral? Pois un incremento medio nos valores catastrais de preto do 500%, posto que vai axustar a prezos do mercado actual bens inmóbeis que nalgún caso manteñen os mesmos valores desde fai máis de 40 anos e afectará a diversos impostos como o IBI, o IRPF ou o Imposto de Sucesións.
Está claro que a decisión do Grupo de Goberno de Foz tómase no momento menos axeitado, xa que vai xuntar dúas subas sucesivas de impostos polo mesmo obxecto e vai bater no noso peto no momento menos oportuno. O procedemento de modificación catastral que debe ser aprobado pola Dirección Xeral do Catastro, require dunha aprobación previa dunha “Ponencia de Valores”, que recolle os criterios para determinar a valoración catastral de cada propiedade, que á súa vez debe contar co informe favorábel da Corporación Local. @s nacionalistas comprometémonos a que o peor non sexa o que esta por vir e agardamos a mesma disposición dos outros grupos do Concello para evitar un auténtico saqueo para o peto dos nosos veciños e das nosas veciñas.
Lorena Seivane García.
María Teresa Rego Cabanas.
Concelleiras BNG Foz.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



